Esta semana tivemos unha actividade que nos refrescou os pensamentos sobre as normas de educación vial, así como tamén nos fixo reflexionar sobre algunhas accións que facemos diariamente: cruzar no paso de peóns, ter paciencia na carretera,... Para iso tivemos a presenza dunha polícia local que nos mostrou exemplos de moitas accións que habitualmente facemos mal e díxonos como as deberíamos facer. A gran conclusión a que chegamos todos é que sabemos facer as cousas, pero non as facemos. Entre todos debemos cambiar.