viernes, 25 de octubre de 2019

Exposición Oral: «MUNCYT»

O xoves 24 de outubro Joel Lago Corzón de 6º de primaria, levou a cabo unha nova exposición oral dirixida aos seus compañeiros e comapañeiras, dun traballo que preparou sobre o MUNCYT: «Museo Nacional de Ciencia y Tecnología». Inaugurado en mayo de 2012, o MUNCYT ten outra sede na Comunidade de Madrid e conta con máis de 15000 instrumentos científicos que datan desde o século XVI ata os nosos días.
Aproveitando que o anterior venres se desprazou coa súa familia ata a Coruña, visitou este museo por primeira vez para tomar boa nota do que alí puido ver e tamén tomou imaxes. De todo ilo informounos en detalle na súa exposición, que resultou moi interesante e entretida, e que expuso de maneira notable. Moi ben Joel!


Charla: «O BOSQUE É VIDA»

O pasado martes día 28 de outubro, tivo lugar no centro por segundo curso consecutivo, unha charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria baixo o título: «O BOSQUE É VIDA». 
Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo promover entre os máis xóvenes a importancia dos bosques desde as perspectivas medioambientais, económica e social, difundir o peso deste sector en Galicia e divulgar o respecto e a educación en materia medioambiental.

  
A charla foi dada por dous axentes forestais da Xunta de Galicia.


Aquí tedes en imaxe tres momentos da mesma.

Exposición Oral: «A SERRA DO XISTRAL»

Comezamos este curso unha serie de exposicións orais a cargo do alumnado de 6º no que presentarán na aula aos seus compañeiros e compañeiras contidos da súa propia elección con distinta temática. 
A primeira exposición correu a cargo de Antía Pedrosa Mariño, e tivo como título:
«A Serra do Xistral».
Aproveitando que Antía estivo uns días cos seus pais na Serra do Xistral, preparou para todos nós unha presentación power point, na que puidemos coñecer de primeira man esta fermosa serra galega e tamén amosou o que alí se atopou. Foi moi interesante e a todos gustou. Antía demostrou ser unha boa oradora, comunicou moi ben e deu mostras de saber moi ben do que estaba a falar, polo que tivo unha valoración de sobresaínte por parte de todas e todos. Noraboa!