lunes, 20 de julio de 2020

PROMOCIÓN 2019-2020

Nesta orla vemos aos pequenos e pequenas que un día chegaron a 3 anos de infantil e que xa se fixeron maiores. A partir de agora comezarán unha nova etapa na que esperamos poñan en práctica todo aquilo que aprederon con nós no Carballal-Cabral, e que con tanto empeño e cariño todo o profesorado tentamos transmitirlles da mellor maneira durante todos estes anos.
Máis alá de ensinar contidos nas diferentes áreas, de realizar tarefas e deberes e tamén exámenes, cumplíamos co obxectivo primordial de formar persoas e de educalos como cidadáns nuns valores como o respeto, a tolerancia e a solidariedade.  Esperamos telo conseguido tanto como as súas familias, para facelos como dicían antes as nosas avoas e os nosos avós: «homes e mulleres de proveito».
A educación infantil e a primaria son un pilar esencial no noso sistema educativo, pero debemos salientar que é na FAMILIA, onde se sustenta todo o conseguido ata agora.
A médica e educadora italiana María Montessori, precursora do método educativo que leva o seu nome e usado en moitas escolas de todo o mundo xa o dixo: «A familia, os país e nais, son os primeiros mestres e mestras dos seus fillos e fillas. Son eles quenes mediante o exemplo, transmiten valores, ensinan comportamentos e intereses».  O papel desempeñado por elas é esencial e a súa implicación no proceso educativo é fundamental.
Remando xuntos na mesma dirección é como conseguimos entre todos e todas formar as persoas que todos e todas queremos que sexan os nosos nenos e nenas.
Pero isto non remata aquí, agora continúa na ESO e esperamos e desexamos que os resultados acadados sexan aínda mellores.
Esperamos volvernos ver en setembro nun sinxelo acto de graduación que quedou pendente!!