A pasada semana tivo lugar na aula de 6º una charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal participamos un curso máis.
A Secretaría de Estado de Seguridad puso en marcha o "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entRe o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior.
Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Nesta primeira ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos de seguridade asociados ao uso das novas tecnoloxías e das redes sociais.
*Dentro do mesmo programa do PLAN DIRECTOR, anunciamos que o martes 28 deste mesmo mes, o alumnado de 5º e 6º asistirá a unha segunda charla que abordará o Acoso Escolar nas aulas.