O pasado martes día 29 de novembro, na
aula de 6º, tivo lugar unha segunda charla xa anunciada con anterioridade neste mesmo blogue co título: Prevención do Acoso Escolar nas aulas, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu
un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR
para o curso 2016/2017 no cal estamos a participar.
Na anterior ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos asociados ao uso por parte dos menores das novas tecnoloxías e das redes sociais.
O "Plan Director para a Convivencia e
mellora da seguridade escolar", foi posta en marcha pola Secretaría de
Estado de Seguridad no contexto dos acordos do Consello
Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito
entre o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como
medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos
centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas,
visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e
impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Na charla informóuselles ás nenas e nenos da maneira de actuar ante un posible acoso na escola ou no instituto, así como das consecuencias por manterse ao marxe e ser espectador desa situación, ou o que sería peor, das consecuencias penais derivadas de chegar a ser un o acosador.