SEGUINDO AS PEGADAS DOS NOSOS ANTEPASADOS
Dentro da nosa Programación Xeral, o alumnado visitou nesta ocasión o Museo de Pontevedra para realizar unha actividade dentro do seu programa de visitas escolares.
Consistiu nun percorrido polas salas adicadas á etapa máis antiga da Historia: a PREHISTORIA - Idade de Pedra (Paleolítico e Neolítico) e Idade dos Metais.
Rematamos a actividade na salaadicada aos vestixios da época romana.
Traballaron cunha ficha didáctica, o que permitiu que tomaran contacto e coñeceran, a partir dos restos arqueolóxicos alí expostos, algún dos aspectos máis relevantes do noso pasado: as ferramentas líticas máis antigas de Galicia, importantes pezas de ourivería, petroglifos, obxectos de uso doméstico, ou monumentos epigráficos romanos, entre outros.
No seguinte vídeo poderedes ver en imaxes como se desenvolveu a actividade.