“ Viaxando polo continente africano”
Nacido en
Guipuzcoa (País Vasco), o profesor Fausto López Salgado, rematou os seus
estudios de Primaria (EXB) na nosa cidade no Colexio “Ramón y Cajal” (Picacho) e despois
cursou o bacherelato no IES Santa Irene. Fixo os seus estudios universitarios
na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en Historia.
Cunha grande experiencia vital, viviu e traballou en Hungría, Polonia e
Rumanía.
Na actualidade, cando non está de “trotamundos”, reside e traballa en
Lanzarote (Canarias), onde ten a súa praza de profesor de historia nun
instituto.
Desde xoven ten viaxado por Europa, América, Asia
e África; e en moitas desas ocasións en solitario e subido a unha bicicleta
porque, como dice el: "É como se chega mellor aos sitios e se coñece
mellor ás xentes e os lugares".
E así, sen facer ruído, é deixando as pegadas das rodas da súa bici por onde pasa, é como nesta ocasión iniciou a súa máis longa viaxe
ás terras da cuna da humanidade e de tanta diversidade cultural e paisaxística. En abril rematou unha longa
viaxe en bicicleta polo continente africano de norte a sur, percorrendo durante
7 meses (209 días), 12 países e deixando tras de sí 14.481 km: desde a capital de
Exipto, o Cairo, ata o mesmo cabo de Buena Esperanza (Sudáfrica); pasando por
Sudán, Etiopía, Kenia, Uganda, Ruanda, Tanzania, Malawi, Mozambique,
Swazilandia e Lesoto.
Coincidindo con que este curso o proxecto de
Biblioteca do colexio estivo adicado a coñecer mundo, que mellor remate do traballado e as experiencias vividas, que
contar coa presenza dun viaxeiro como Fausto, para coñecer un continente apaixonante de primeira man, sen os tópicos do que nos chega ás veces polos medios de comunicación, transmitíndolle tamén ás nenas e aos
nenos as ganas de coñecer outras culturas e outros lugares, e vivir con paixón
e esforzarse naquilo que se quere facer: con constancia, perseverancia e
disfrutando da vida, e sabendo e aprendendo a convivir cos que son diferentes a nós.
Todo isto
véunolo contar este martes día 30 ao alumnado de 5º e 6º, e todas e todos
disfrutamos do seu relato e fomos partícipes do vivido na súa viaxe.