O xoves 14 de setembro e o martes 19, Hugo Veiga Puch e Alex Castro Del Olmo,
como gran aficionados e practicantes que son do deporte da bici, déronnos
unha charla en clase co título:
"Tipos de bicicletas"
O traballo tivo que ser realizado en dúas partes xa que o primeiro día non puidemos contar coa presenza de Alex e Hugo encargouse de iniciar a exposición oral do traballo, para o cal preparan un "power point".
Gustou a todas e todos os seus
compañeiros e estiveron moi atentos e interesados!
Á seguinte semana Alex, xa recuperado,
completou a exposición sobre o tema falándolle ao seus compañeiros e compañeiras da súa bicicleta e tamén
puido facer no patio do cole unha pequena demostración das súas
habilidades ciclistas.
Así mesmo puidemos contar cunha
bicicleta eléctrica, ver as súas características e probar o seu
funcionamento na pista de futbito.
Agradecemos a Alex e Hugo a súa boa
disposición e o seu espíritu emprendedor para facer este bo
traballo, e que podan realizarnos algún máis ao longo do curso.