O pasado venres 15 de decembro
realizamos a actividade: “A ciencia en galego: O noso litoral: A
zona intermareal”, organizada polo Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo no noso centro.
No obradoiro, unha monitora
ilustrou as partes nas que se divide a zona
intermareal, que podemos observar cando imos a
calquera praia da nosa fermosa costa.
Na
presentación primeiro amosou
ao alumnado diferentes
exemplares de especies
coma os balanos ou os tomates de mar. Tamén amosounos
distintos tipos de
algas e, entre elas, as <<fucus>>,
a máis común do
noso litoral galego.
A continuación o alumnado puido
coñecer cómo estas especies compiten polo espazo e como loitan
contra as diferenzas de temperatura, contra a sequedade do entorno e
como se defenden ou evitan aos seus depredadores. Tamén a monitora
contounos cómo se leva a cabo a formación da area nas praias.
Finalmente as nenas e nenos tiveron
un tempo para manipular libremente a súa colección de exemplares
mariños que, ademais dos seres vivos xa nomeados previamente,
incluía un cabaliño de mar, ovos de raias estrelamares ou ourizos
mariños.
Como conclusión do obradoiro, a
monitora do programa de Normalización Lingüística na área de
Bioloxía, convidounos a concienciar á nosa comunidade educativa na
conservación e protección da biodiversidade do noso fermoso litoral
Galego.