O pasado mércores, 11 de abril, desprazámonos ao PIT do Castro para disfrutar da actividade programada de
Educación Viaria impartida pola Policia Local.
O tempo acompañou despois de tantos días de choiva e as nenas e nenos de 6º disfrutaron moito da actividade que dirixiron dous monitores policiales de Vigo, formados e con experiencia de anos no desenvolvemento do programa educativo sobre seguridade viaria.
Foi a segunda parte do programa que tivo o seu inicio o pasado curso cunha clase teórico-práctica que impartiron no centro.