Este concerto, no que participamos activamente cos músicos
da Escola Municipal de Música de Vigo, foi unha viaxe na que un explorador, na procura dunha exótica
especie de bolboreta, rememoraba as súas vivencias en diferentes países do
continente africano. Neste percorrido achegámonos á riqueza cultural e musical
destes países que, ademáis de transmitir valores universais, estivo
completamente ligada á vida diaria da súa xente. Nas diferentes músicas
escoitamos como a voz, a danza e os instrumentos mesturábande poderosamente a
través de melodías sinxelas fortemente enriquecidas polo seu ritmo.
Foi unha
experiencia enriquecedora, lúdica e de moito proveito!!