A representación correu a cargo da compañía Face 2 Face Theatre Co.
A mellora do inglés, a superación persoal, o traballo en equipo e a expresión dos sentimentos son valores que puidemos apreciar na obra Tarzán.
Inspirada no mundialmente famoso personaxe creado por Edgar Rice Burroughs e na súa novela, esta nova aventura cómica levou ao noso alumnado a sentirse coma nun safari. Toda unha aventura na que o propio alumnado puido interactuar cos personaxes e incluso algúns compañeiros e compañeiras foron invitados a participar do espectáculo, como foi o caso de Sergio Alonso F. de 5º.