O pasado 14 de xaneiro 5º e 6º visitamos NATURNOVA, un centro
interactivo de educación ambiental situado en Vigo, na rúa
Velázquez Moreno. Alí tivemos unha nova oportunidade de coñecer
curiosidades do universo, do noso planeta e o medio que nos rodea de
forma lúdica, dinámica e participativa.