O día 14 de febreiro, na Casa das Palabras, Museo VERBUM de Vigo, levamos a cabo o alumnado de 5º e 6º distintos obradoiros para conmemorar o «Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia» celebrado o pasado 11 de febreiro.
O Concello de Vigo organizou, a través dos servizos municipais de
Normalización Lingüística e Igualdad, un conxunto de actividades para a
celebración do Día da Muller e a nena na ciencia dirixidas ao alumnado de 5º e
6º de Primaria e 1ºe 2º de Secundaria. Con este proxecto búscase acercar ás
nenas ao campo científico e visibilizar a todo o alumnado as contribucions das
mulleres científicas. Búscase tamén poñer en valor o galego como lingua científica,
e que as alumnas e alumnos descubran que en galego tamén se fai ciencia.
Desenvolvimos talleres de Ciencia en Galego onde o alumnado coñeceu a obra de científicas relevantes e levamos a cabo talleres prácticos
relacionados coa actividade investigadora.
A actividade tivo a colaboración do Instituto Español de Oceanografía, do Instituto de Investigacions Mariñas (CSIC) e do profesorado de centros de ensinaza da cidade.
A actividade foi moi proveitosa por resultar moi motivadora e dinámica e gustou moito ás nenas e nenos. O seu comportamento e actitude foi eloxiada ao rematar polos organizadores.