Nesta orla vemos aos pequenos e
pequenas que un día chegaron a 3 anos de infantil e que xa se fixeron maiores.
A partir de agora comezarán unha nova etapa na que esperamos poñan en práctica
todo aquilo que aprederon con nós no Carballal-Cabral, e que con tanto empeño e
cariño todo o profesorado tentamos transmitirlles da mellor maneira durante
todos estes anos.
Máis alá de ensinar contidos nas
diferentes áreas, de realizar tarefas e deberes e tamén exámenes, cumplíamos co
obxectivo primordial de formar persoas e de educalos como cidadáns nuns valores
como o respeto, a tolerancia e a solidariedade. Esperamos telo conseguido tanto como as súas familias,
para facelos como dicían antes as nosas avoas e os nosos avós: «homes e
mulleres de proveito».
A educación infantil e a primaria
son un pilar esencial no noso sistema educativo, pero debemos salientar que é
na FAMILIA, onde se sustenta todo o conseguido ata agora.
A médica e educadora italiana
María Montessori, precursora do método educativo que leva o seu nome e usado en
moitas escolas de todo o mundo xa o dixo: «A familia, os país e nais, son os primeiros
mestres e mestras dos seus fillos e fillas. Son eles quenes mediante o exemplo,
transmiten valores, ensinan comportamentos e intereses». O papel desempeñado por elas é esencial e a
súa implicación no proceso educativo é fundamental.
Remando xuntos na mesma dirección é como conseguimos entre todos e todas formar as persoas que todos e todas queremos que sexan os nosos nenos e nenas.
Pero isto non remata aquí, agora continúa na ESO e esperamos e desexamos que os resultados acadados sexan aínda mellores.
Remando xuntos na mesma dirección é como conseguimos entre todos e todas formar as persoas que todos e todas queremos que sexan os nosos nenos e nenas.
Pero isto non remata aquí, agora continúa na ESO e esperamos e desexamos que os resultados acadados sexan aínda mellores.
Esperamos volvernos ver en setembro nun sinxelo acto de graduación que quedou pendente!!