lunes, 13 de junio de 2016
VISITA SUSANA RODRÍGUEZ GACCIO
O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unha visita moi especial o pasado venres 10. Nin máis nin menos cunha deportista que vainos representar nos Xogos Paralímpicos de Rio no mes de setembro, varias veces Campiona do Mundo e de Europa, Diplomada en Fisioterapia e Licenciada en Medicina, pronto comezará a formarse na especialidade de Rehabilitación. Susana ten albinismo cunha visión dun 7% e 5% en cada ollo.
Durante unha hora tivemos a sorte de tela a nosa disposición, explicándonos o que é o albinismo e as características do deporte que practica e respondendo a tódalas interesantísimas cuestións que plantexaron os nenos, aclarando dúbidas e chegando aos nenos co seu impresionante mensaxe de superación.
Unha vez rematada a charla coloquio con Susana, as nenas e nenos de 6º fixeron unha práctica de duatlón dirixida por Lorena García Lago, licenciada en INEF, responsable das categorías inferiores da FEGATRI e da Escola Municipal de Triatlón e Duatlón de Vigo.
Dende aqui agradecerlle enormemente a súa visita.