O camiño máis fácil non sempre é o que te
axuda a saír do laberinto. Para saír sempre se necesita contar con
algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son
eses fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.
Nesta ocasión asistimos á representación da
historia de Daniel, un neno que sabe que en casa non sobran os
cartos, pero, ¿por que non pode ter un Iphone coma os seus amigos?
¿Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? ¿Ou ir a esquiar? A el
gustaríalle deixar os estudios e traballar para poder comprar o que
quixera.
Unha vez rematada a obra desprazámonos
ata a Sede Afundación para ver unha exposición co título
«Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección». Unha
exposición que reúne 78 pezas destacadas da Colección de Arte
Afundación entre pintura, escultura e fotografía. Un percorrido
pola evolución da arte galega desde o século XIX ata a actualidade
a través dalguns dos nomes e as obras máis significativas da
historia de Galicia. Declarada de Ben de Interés Cultural pola Xunta
de Galicia no ano 2015.
Os nenos
e nenas introducíronse na arte cunha primeira actividade plástica e
despois interactuaron coas obras da exposición para descifrar unha
mensaxe secreta.