No noso ideario educativo, e dentro do Plan Educativo do Centro, fomentamos e traballamos pola integración no noso alumnado e o deporte. Por este motivo o xoves 9 de novembro, desprazámonos ao Calvario co alumnado de 5º e 6º de Primaria para participar nunha actividade deportiva organizada pola Asociación APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral).
Diante do Mercado do Calvario, os monitores da Asociación e algúns dos seus integrantes, mostraron aos nenos e nenas como se desenvolven eles, persoas con discapacidade, na actividade deportiva, ensinándolles as súas capacidades nas modalidades paraolímpicas da Boccia, semellante á petanca ; e Slalom, percorrido en cadeiras de rodas nun circuíto con obstáculos.