O pasado mércores, día 23 de maio, dous bombeiros do Parque de Bombeiros de
Vigo ofreceron unha charla dirixida ao alumnado de 6º de Primaria, consistente en darlles a coñecer os sistemas de protección contra incendios e saber actuar en caso de
emerxencia ante un accidente con lume, dentro do Programa Educativo Municipal de Seguridade que foi posto en marcha hai pouco tempo.
Con posterioridade, o pasado venres 1 de xuño visitamos coas nenas e nenos de 5º e 6º as instalación
do Parque Central de Bombeiros da nosa cidade, onde puideron
coñecer de primeira man as súas dependencias, o seu material e equipos, así
como o día a día no traballo dun bombeiro e a súa labor na protección da cidadanía, e que non se limita só á actuación fronte ao lume.