O pasado día 12 de xuño desprazámonos a Santiago xunto aos nosos compañeiros de 3º para levar a cabo a visita as instalacións de METEOGALICIA.
Trala nosa chegada e despois de
ser recibidos polo persoal do Centro, asistimos todos ao lanzamento dunha radiosondaxe
desde o exterior das instalaciones. Alex Castro de 6º foi o escollido para
soltala radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona
información sobre o estado actual da atmosfera na nosa comunidade.
A continuación fomos todos á sala de control de Meteogalicia onde se analizan os datos que van chegando ao servizo e se establecen as prediccións según certos modelos informáticos. Alí tamén é onde se atenden as chamadas dos cidadáns que solicitan información do tempo, así como tamén as dos medios de comunicación.

Rematada esta 1ª charla informativa fomos divididos en
dous grupos: 3º de Primaria por un lado e 5º-6º por outro, para recibir
separadamente e a distinto nivel, información relativa a tódolos aparellos que
utilizan os meteorólogos para facer as súas prediccións, así como tamén
información sobre todo o relativo ás nubes e a algún dos fenómenos atmosféricos
que teñen lugar por enriba das nosas cabezas.
Accede a METEOESCOLAS |