A pasada semana recibimos a visita un curso máis de Pili e Pablo, dous axentes da
policía municipal de Vigo, pertencentes ao Departamento de Educación Vial, para dar unha
charla de Educación Viaria ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Estaba previsto como outros anos que 6º se trasladara ao PIT
(Parque Infantil de Tráfico) do Castro, pero dadas as inclemencias do tempo
dese día tivo que suspenderse e non puidemos disfrutar desa actividade.
O programa no que participamos desde hai anos, lévase a cabo
nos colexios do municipio co obxectivo de formar na seguridade viaria e na
prevención de accidentes.
Para máis información accedede a este artigo dun diario da nosa cidade ➤Pulsa AQUÍ