Como
en anteriores cursos, e na procura da
maior calidade e mellor formación educativa do noso alumnado, participamos un
ano máis no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos
Centros Educativos e os seus Entornos que leva a cabo o Corpo Nacional de
Policía.
Durante
unha hora e media as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria seguiron con moita
atención e interés a información que unha axente da Policía Nacional da
Xefatura de Vigo lles deu sobre todas aquelas cuestións relacionadas co Acoso
Escolar: como identificar o acoso, consellos para evitalo, como axudar a quen o
sofre, etc.
Durante
a charla tamén puideron plantexar todas as súas dúbidas.