A Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio
Profesional de Inxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) organiza este curso escolar a
oitava edición do plan "Navega con Rumbo", enmarcado dentro deo
proxecto Abalar.
O obxectivo deste programa é
concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de
Internet e das redes sociais, dando recomendacions para unha
navegación responsable e segura.
Un especialista do CPEIG viu ao centro educativo o xoves 20 de decembro para impartir unha sesion divulgativa cunha
duración aproximada de hora e media. Ademáis serán apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.edu.xunta.es/navegaconrumbo.
Ademáis, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e enlaces de interés sobre a temática do programa. As sesiones
están dirixidas preferentemente ao alumnado de 5º e 6º de
educación primaria e 1º e 2º da ESO.