O pasado 20 de decembro, trasladámonos o alumnado de 5º e 6º de Primaria á Residencia de Maiores DomusVi de Barreiro, para levar a cabo unha actividade enmarcada no Proxecto de Bibliotecas Solidarias.
Na gran vestíbulo da residencia e para cerca de cen persoas, 5º interpretaou unha
peza musical tradicional preparada en clase de música titulada "Nadal de Luintra", popularizada polo grupo galego Berrogüeto e recitaron poesía; despois 6º bailou unha peza e cantou para finalizar unha regueifa.
A visita resultou moi satisfactoria e proveitosa para as nenas e nenos, que contribuiron coa súa actuación musical, a que os nosos maiores pasaran un rato entretido e agradable nestas datas tan especiais.

Agradecer ao centro "DomusVi" a súa atención durante a nosa estancia.