jueves, 22 de diciembre de 2011

Christmas Greetings

Here we can see some of our Christmas Greetings that we made for our family and friends.
CHRISTMAS GREETINGS on PhotoPeach

lunes, 19 de diciembre de 2011

Gracias aos compañeiros do Paraixal!!

Xa recibimos o correo dos nosos compañeiros, increible o agasallo que nos fixeron!!!
Aquí o podedes ver!!

GRACIAS!! on PhotoPeach

jueves, 15 de diciembre de 2011

Para os nosos compañeiros do Paraixal

Outro ano máis comeza o noso correo intercentros co CEIP PARAIXAL, e para iso elaboramos bolas de neve moi brillantes e cheas de bos desexos para eles. Esperamos que ches gusten moito!!!

Para os nosos compañeiros do CEIP Paraixal on PhotoPeach

lunes, 12 de diciembre de 2011

Chega o Nadal o pasillo do 3º ciclo

Este  foi o resultado do traballo dos distintos obradoiros  que fixeron os alumnos para decorar o seu pasillo de Nadal.

Chega o Nadal!! on PhotoPeach

A postal do Nadal

Así estiveron elaborando a fermosa postal do Nadal que recibiredes nas vosas casas.....

Ärbore do Nadal on PhotoPeach

Os nosos bonecos de neve con simpáticos pompóns!!

O alumnado do terceiro ciclo aprendeu a facer pompóns para logo decorar uns simpáticos bonecos de neve que decorarán o seu pasillo.

Obradoiro de pompon e bonecos do nadal on PhotoPeach

domingo, 27 de noviembre de 2011

Libros do outono/ obradoiro

Recopilación de libros do outono

O alumnado do 3ºciclo buscou libros na biblioteca da temática do outono e fixo unha exposición dos mesmos no corredor do colexio.


Obradoiro do outono
Para decorar a exposición dos libros do outono os alumnos fixeron follas con collage das cores do outono.

Obradoiro do Outono on PhotoPeach

viernes, 25 de noviembre de 2011

Obradoiro de papiroflexia

Seguindo co proxecto do mar levamos a cabo un taller de papiroflexia na biblioteca para facer gaivotas que sobrevoan o noso mar de medusas.

jueves, 27 de octubre de 2011

Obradoiro de Regueifas

Viñeron o colexio os regueifeiros, é decir, persoas que saber facer regueifas dun xeito incríble. Nos aprendimos tamén a facer as nosas regueifas e saíronnos moi ben!! posto que eles nos ensinaron os trucos para crealas.


Somos pluricelulares!!!

Estudando o primeiro tema de coñecemento descubrimos o que son as células: funcións, partes, tipos...







miércoles, 26 de octubre de 2011

O ATAQUE DAS MEDUSAS NO SAMAIN

Aquí tedes todos o conto elexido para o día do Samaín.


Chega o Samaín!!

Está próximo o Samaín o fondo do mar, por iso tivemos que caracterizar o noso fondo con medusas-pantasmas, cabazas e esqueletos.
Tamén elaboramos distintos contos terroríficos de medusas que se espuxeron na nosa praia.


Para comezar!!!

Xa temos o entorno no que van a habitar os nosos seres vivos agora temos que saber qué son. Para iso fixemos un estupendo esquema da clasificación dos seres vivos e ubicamos as medusas no seu sitio.
Xa sabemos que son animais.



  

Seguimos coa Praia!!!

Para continuar a nosa sumerxión no MEGA PROXECTO, seguimos coa magnífica praia, lugar onde podemos atopar os animáis que vamos a investigar.

A praia será o recuncho onde atoparemos distintas exposicións temáticas que vaiamos facendo, así xa nos apareceron uns magníficos esquemas de lingua-medusas!!!!!





A COVA DO POLVO!!!!

Empeza a inmersión no noso MEGA PROXECTO. Para comezar a investigar empezamos por contextualizarnos e para iso creamos o noso hábitat : o fondo do mar!!

Decidimos poñerlle maxía ao fondo do mar creando a cova do octupus!!!


RÉTATE!!!

Este ano comezamos unha nova actividade : RÉTATE!!  e preguntarémonos ¿en qué consistirá?  Pois a solución é moi sinxela, teremos que solucionar diferentes retos matemáticos, lóxicos, de razoamento,... de xeito anònimo e voluntario e iremos facendo un ranking dos compañeiros que se comeron o coco.

Tedes que animarvos todos a participar, Esta xenial!!



miércoles, 21 de septiembre de 2011

Aquí estamos de novo!!!



Novos nervios, novos estoxos, novas carteiras, novos libros, novas ilusións e novos proxectos inundarán este novo curso.

sábado, 9 de julio de 2011

LEER.ES

Una página del Ministerio de Educación en la que podréis encontrar material, juegos, incluso a Pablo Motos hablando sobre la importancia de la lectura


Practicando para ser un rápido e eficaz bibliotecario

Felices vacacións
Collede forzas para un novo ano no colexio cheo de aventuras

jueves, 30 de junio de 2011

HOMENAXE A MESTRA MERCEDES!!!

Os profes do cole non podiamos acabar o curso sen facer unha pequena homenaxe a unha Gran Mestra "Mercedes". Aquí vos deixamos un video. 

lunes, 27 de junio de 2011

FESTIVAL DO FIN DE CURSO!!!!!

Xa está aquí o video do Festival de Fin de Curso, disculpade pola espera. Esperamos que vos guste!!!!
Poderedes ver as diferentes actuacións nos distintos blogues dos ciclos. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación. Bo verán!!!!


domingo, 26 de junio de 2011

EXCURSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN!!!!

Xa tendes as fotos das últimas celebracións na GALERÍA da páxina web. Aquí vos deixamos un video cos mellores momentos da excursión de fin de curso. Esperamos que vos guste!!!! En breves colgaremos outro coas actuacións do Festival!!!

domingo, 19 de junio de 2011

OUR ART'S PROJECT

FESTIVAL DE BAILE MODERNO.

O venres pola tarde celebrouse o festival de Baile Moderno no cole. Que non tivestes a sorte de asistir?? Non vos preocupedes, aquí vos deixamos un pequeno vídeo cos mellores momentos das distintas actuacións.
Moitas felicidades compañeir@s, estivo xenial!!!!! 

viernes, 17 de junio de 2011

TORNEO DE XADREZ

                              
A final tamen pasa Alex 6º que lle gañou a Matthew 5º.
A final por ser o mellor xogador do colexio C.E.I.P. CARBALLAL vai ser moi reñida pero gañará o mellor.

jueves, 16 de junio de 2011

 Seguimos con Matthew 5º e Xian 5º que gañaron a Josue 6º e Ruth 4º.A partida que gañou Matthew foi a millor partida de todo o torneo por agora.A final  disputarase contra Xian 5º que xa xogou todas as suas partidas e maña diremos que gañou:Alex 6º ou Matthew 5º.QUE GAÑE O MELLOR!!!!!!!!  

miércoles, 15 de junio de 2011

Xadrez

 A seguinte ronda pasan Xian 5º por unha parte e Alex 6º por outra.Nestas rondas perderon Samuel 3º e Anxo 2º.A sorte da seguinte ronda está en xogo.            BOA SORTE!!!!!!!!!!!!!!!!

lunes, 13 de junio de 2011

viernes, 10 de junio de 2011

Xadrez

Hoxe pasou á seguinte ronda Ruth , que xogará contra Xian 5º ou  Anxo 2º (depende de quen gañe).
                                            Boa sorte Ruth na seguinte ronda!

jueves, 9 de junio de 2011

Gañador de hoxe ... Josue!!!!!!! Xogou contra Anxo e estivo esplendido para gañarlle.
                                                    Boa sorte na seguinte ronda Josue.

martes, 7 de junio de 2011

lunes, 6 de junio de 2011

Torneo de Xadrez





Hoxe foi un combate moi complicado.Alex lle gañou a Alberto por un despiste (comeulle a dama).Sorte na seguinte ronda Alex.