miércoles, 20 de febrero de 2019

Charla de Divulgación Medioambiental: "O Monte é Vida"


O pasado 29 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir a unha charla organizada pola Consellería de Medio Rural e do Mar, e impartida por un axente forestal no noso Centro.

Tiña como obxectivos fomentar o 
coñecemento da multifuncionalidade do
monte, da súa xestión sostible e divulgar a
importancia dos montes veciñais en 
Galicia.

En Galicia existen ao redor de 1.300.000 ha de monte cuxa propiedade ostentan 675.000 familias, ás que se suman outras 700.000 ha de monte veciñal en man común, cuxa titularidade corresponde a unhas 190.000 familias a través das comunidades veciñais das que forman parte.

Teatro Afundación: "TARZÁN"

O pasado 25 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º asistiu no Teatro Afundación de Vigo á representación dunha obra teatral en lingua inglesa titulada "Tarzán". 
A representación correu a cargo da compañía Face 2 Face Theatre Co. 
A mellora do inglés, a superación persoal, o traballo en equipo e a expresión dos sentimentos son valores que puidemos apreciar na obra Tarzán
Inspirada no mundialmente famoso personaxe creado por Edgar Rice Burroughs e na súa novela, esta nova aventura cómica levou ao noso alumnado a sentirse coma nun safari. Toda unha aventura na que o propio alumnado puido interactuar cos personaxes e incluso algúns compañeiros e compañeiras foron invitados a participar do espectáculo, como foi o caso de Sergio Alonso F. de 5º.

  
 
 

jueves, 7 de febrero de 2019

A famosa Gloria Sánchez visita o Carballal!

Gloria Sánchez visitou ao Carballal  para  responder as dúbidas do alumnado de cuarto e sexto sobre o libro " Dez piratas" e outros da autora. As preguntas foron moi variadas e curiosas. Ademais diso asinou os libros e uns porquiños que fixeron os nenos/as de cuarto e algúns nenos/as de sexto. Gloria foi moi amabel con nós. Agora que está xubilada pode visitar colexios como o noso para aclarar e responder dúbidas doutros nenos/as. Se queres ver máis pincha na imaxe.