jueves, 8 de diciembre de 2016

Concurso de recitado poético en galego - 5º

Hai unhas semanas, cando celebramos o Samaín na escola, o alumnado de 5º levamos a cabo na aula unha actividade de recitado en galego por grupos. A poesía leva por título: "O Samaín".
Grabamos a actuación de cada un e o resultado podedes velo nos seguintes vínculos para que podades votar o que creades que o recita mellor. Toda persoa que pertenza á familia e visione os vídeos poderá participar co seu voto.
                                                                               Animádevos e participade!!
Quen reciba máis votos será o gañador dun premio a sortear entre eles.
As votacións pecharanse o martes día 20.
Podedes facer chegar o voto a través de Abalar-móbil, nun papeliño pechado a través do voso fillo ou filla ou por correo electrónico ao meu enderezo da Xunta (o voso fillo/a o ten anotado na axenda).
ACTUACIÓN EQUIPO 2
ACTUACIÓN EQUIPO 2

Un saúdo  e grazas pola vosa participación. 

Clicade nas imaxes para visionar as actuacións:

ACTUACIÓN EQUIPO 1

martes, 6 de diciembre de 2016

CHARLA para a prevención do Acoso Escolar nas Aulas-PLAN DIRECTOR 2016/2017



O pasado martes día 29 de novembro, na aula de 6º, tivo lugar unha segunda charla xa anunciada con anterioridade neste mesmo blogue co título: Prevención do Acoso Escolar nas aulas, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal estamos a participar.
Na anterior ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos asociados ao uso por parte dos menores das novas tecnoloxías e das redes sociais. 
O "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", foi posta en marcha pola Secretaría de Estado de Seguridad no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entre o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Na charla informóuselles ás nenas e nenos da maneira de actuar ante un posible acoso na escola ou no instituto, así como das consecuencias por manterse ao marxe e ser espectador desa situación, ou o que sería peor, das consecuencias penais derivadas de chegar a ser un o acosador.

 




domingo, 27 de noviembre de 2016

 PROGRAMA FORMATIVO EDUCACIÓN VIARIA - 2016/2017
5º de Primaria

O pasado venres, día 18 de novembro, participamos co alumnado de 5º na campaña de Educación Viaria 2016/2017, organizada pola Xefatura da Policía Local de Vigo.
O seu obxectivo é a de promover e favorecer un cambio de actitudes que axuden a cruzar a rúa de xeito seguro, e así diminuír a gravidade das lesións e o número de vítimas nos sinistros de tráfico que se están a dar na nosa cidade todos os anos.
O atropelo é o accidente máis grave da nosa cidade. Por este motivo, este ano céntrase na toma de conciencia e a actitude que como peóns debemos ter todas e todos na rúa.
Visitáronnos dous monitores policiales da nosa cidade, que deron unha charla aos nenose nenas. Desenvolveron unhas sinxelas actividades encamiñadas a tomar conciencia tanto dos elementos a ter en conta cando un se despraza pola rúa como da importancia de seguir unha serie de normas para desplazarse con menos riscos polas vías e adquirir unha maior e mellor autonomía persoal, e xerar así menos incertidumbre nas súas familias á hora de permitirlles desplazarse a eles sós.
Esta tarea deber ser continuada e reforzada no contexto familiar co voso exemplo, para conseguir que os menores acaden plenamente as capacidades necesarias para ser usuarios responsables das vías.





lunes, 21 de noviembre de 2016

Visitamos o Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia

 É un Parque Nacional que comprende os arquipélagos das illas galegas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Ten unha extensión de 1.194,8 ha terrestres e 7.285,2 ha de superficie marítima. Foi creado no ano 2002.

O pasado día 15 de novembro, dentro da Programación Xeral do presente curso escolar, visitantes o centro CAMBÖN. Enclavado no casco vello de Vigo, xunto á Concatedral Santa María e lonxe das illas, é un Centro de Visitantes concebido como un espacio evocador do Parque Nacional que esperte a curiosidade sobre os valores culturais e naturais deste espacio protexido. Os contidos da exposición céntranse en aportar información non só dos seres vivos do parque, se non en transmitir artísticamente a beleza da natureza.
O alumnado participou na visita dunha serie de actividades divididas en tres bloques co obxectivo de:
- Adquirir información básica do parque e coñecer a ubicación das illas.
- Obter un coñecemento básico da fauna e flora que forman o conxunto das illas.
- Saber sobre as xentes que habitaron e habitan as illas, e a súa cultura.
- Tomar conciencia da importancia da protección da natureza e, en especial, dos espacios protexidos como o Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

viernes, 11 de noviembre de 2016

CHARLA Preventiva de riscos polo uso das novas tecnoloxías-PLAN DIRECTOR 2016/2017

A pasada semana tivo lugar na aula de 6º una charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal participamos un curso máis. A Secretaría de Estado de Seguridad puso en marcha o "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entRe o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Nesta primeira ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos de seguridade asociados ao uso das novas tecnoloxías e das redes sociais. 
*Dentro do mesmo programa do PLAN DIRECTOR, anunciamos que o martes 28 deste mesmo mes, o alumnado de 5º e 6º asistirá a unha segunda charla que abordará o Acoso Escolar nas aulas.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Samain-Halloween

Así nos preparamos antes da chegada do SAMAIN - HALLOWEEN: fixemos un taller de maquillaxe e unha terrorífica merendola. Listos para o festexo e coa enerxía collida, xa podemos todos xuntos festexar este misterioso día.

martes, 1 de noviembre de 2016

5º visita SALINAE: Centro Arqueolóxico do Areal

Voltamos neste curso unha vez máis a SALINAE, para facer de novo un interesante percorrido polas súas salas e coñecer mellor a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permítenos entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas. A exposición ofreceunos, ademais, a posibilidade de saber máis sobre o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtencón e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto. Poidemos por último tamén, ter a posibilidade de disfrutar da elaboración dalgunhas das receitas orixinais romanas e de poder degustalas.

miércoles, 19 de octubre de 2016

OS RÍOS DE ESPAÑA

Traballando, traballando os ríos de España aquí tedes algún traballiño que fixemos dos mesmos para saber onde están, as vertentes que temos,...


martes, 11 de octubre de 2016

O "noso" río LAGARES

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou este luns día 10, nunha actividade encamiñada á acadar un mellor coñecemento do noso entorno natural e unha concienciación máis ecolóxica. Dada a posibilidade que se nos presentou de contar coa presenza de “Nacho”, compoñente da asociación medioambiental pola defensa do río Lagares: “LAGARES VIVO”, concertamos con el a celebración dunha charla no centro co obxectivo de que o noso alumnado poidera coñecer mellor o “noso” río LAGARES. 

Dende a direción do centro agradecemos á asociación "Lagares Vivo" pola súa colaboración e pola importante labor que desenvolve e que a toda a comunidade beneficia.
https://lagaresvivo.wordpress.com/ 
*Para coñecer máis sobre a labor da Asociación LAGARES VIVO preme no seu logo.

lunes, 10 de octubre de 2016

AS NOSAS CÉLULAS

Estas son as nosas células. Agora que estudiamos como son xa sabemos distinguir as partes das mesmas, se é unha célula animal ou vexetal ou se é unha célula eucariota ou procariota.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

A primeira exposición do curso!!!!!

Diego foi a visitar a empresa onde traballa a súa tía e quixo compartir con todos nós esa experiencia e todo o que aprendeu. Mostrounos unhas mostras de algas secas, e días máis tardes hidratadas,para que se empregan,como é o proceso,... " A pectina extraese da cáscara de lima/limón. A Pectina utilízase para mermeladas, gominolas, zumos con leite,... As xelatinas que levan pectina teñen moito azucre. Os caragenatos extraense das algas;empréganse para batidos de chocolate, flans, marmelo, xelatina, productos cárnicos (salchicas), incluso en ambientadores e pastillas." (Diego)

lunes, 13 de junio de 2016

VISITA SUSANA RODRÍGUEZ GACCIO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unha visita moi especial o pasado venres 10. Nin máis nin menos cunha deportista que vainos representar nos Xogos Paralímpicos de Rio no mes de setembro, varias veces Campiona do Mundo e de Europa, Diplomada en Fisioterapia e Licenciada en Medicina, pronto comezará a formarse na especialidade de Rehabilitación. Susana ten albinismo cunha visión dun 7% e 5% en cada ollo. Durante unha hora tivemos a sorte de tela a nosa disposición, explicándonos o que é o albinismo e as características do deporte que practica e respondendo a tódalas interesantísimas cuestións que plantexaron os nenos, aclarando dúbidas e chegando aos nenos co seu impresionante mensaxe de superación. Unha vez rematada a charla coloquio con Susana, as nenas e nenos de 6º fixeron unha práctica de duatlón dirixida por Lorena García Lago, licenciada en INEF, responsable das categorías inferiores da FEGATRI e da Escola Municipal de Triatlón e Duatlón de Vigo. Dende aqui agradecerlle enormemente a súa visita.

martes, 7 de junio de 2016

PROXECTO BUSCANDO O NORTE 5º DE PRIMARIA GALIÑEIRO

O pasado venres pola tarde acercámonos coas nosas familias o monte Galiñeiro para realizar unha actividade de orientación. Despois dunhas breves explicacións comezamos co percorrido Scoring, no que tíñamos 40 minutos para tentar atopar todas as balizas do mapa. Con máis ou menos tempo todos as atopamos, que era o interesante. Agora tocaba o percorrido clásico, no que saímos dun en un e tíñamos que atopar as balizas na orde que marcaba o plano. O rematar todos acercámonos os petróglifos da Auga da Laxe e a un muiño navicular preto destes, para explicarlle os nosos acompañantes de que época eran, a súa función e significado e como vivía o home naquela época.

BUSCANDO O NORTE 2016 6º DE PRIMARIA XORNADA NO CUVI

Dentro do proxecto Buscando o Norte 2016 o alumnado de 6º de primaria viviu unha xornada moi intensa. Xa pola mañá visitamos os laboratorios da Facultade de Industriais acompañados por Pio González onde poidemos facer algunha experiencia sinxela pero moi interesante coa física, a electricidade, o magnetismo ou a presión.

Seguidamente Marcos levounos por un dos itinerarios da OMA e descubrimos a biodiversidade que rodea o CUVI. 

Despois dun pequeno descanso para a merenda unha charla con Federico Mallo sobre a importancia da hidratación para o bo funcionamento de todo o noso corpo.

A doutora Julia Serra explicounos a súa laboura de investigación sobre os biomateriais e os éxitos acadados, agasallándonos cun dente de tabeirón.

Xuntos xantamos no comedor da Facultade de Minas, para despois esperar a chegada das nosas familias e realizar o percorrido de orientación con elas polo campus. Foi unha xornada completísima.


miércoles, 25 de mayo de 2016

SAÍDA 5º DE PRIMARIA GALIÑEIRO 2016

Nos seguintes enlaces tedes información para chegar o punto de saída no merendeiro do Galiñeiro o vindeiro venres 3 de xuño para comezar a actividade a partires das 16:30.
Tamén podedes repasar a simboloxía dos mapas de orientación e darlle unha ollada o programa de actividades. Como chegar
Programa de actividades

Información complementaria

martes, 24 de mayo de 2016

EXPERIMENTANDO COA MATERIA

Unha vez estudiada a materia decidimos convertirnos en científicos por un día e momento. O resultado foron distintos experimentos con distitas materias. Aquí está a mostra .

miércoles, 11 de mayo de 2016

XORNADA NO CUVI ALUMNOS E FAMILIAS DE 6º CURSO. BUSCANDO O NORTE.

Bos días, xa está a rematar o curso e con él unha etapa para os nenos e nenas de 6º. Pero aínda quedan cousas por facer e compartir todos xuntos, entre elas a xornada no CUVI na que coa excusa de practicar o Deporte de Orientación, conviviremos, o pasaremos ben e , como non, aprenderemos. Como ben sabedes o curso pasado tivemos a primeira parte deste Proxecto na Serra do Galiñeiro e este curso o pechamos coa actividade do CUVI, nunha primeira parte de mañá, onde teremos a sorte de contar coa colaboración dos integrantes do proxecto BIOCAPS Prof. PÍO GONZÁLEZ ,   Prof. JULIA SERRA e Dra. MIRIAM LÓPEZ . Asistiremos a unha conferencia sobre nutrición impartida polo Dr FEDERICO MALLO . Despois de repor forzas no comedor de Minas e xogar un pouco realizaremos o percorrido de Orientación coas familias. Podedes clicar nas seguintes imaxes para atopar máis información:
PROGRAMA DE ACIVIDADES

COMO CHEGAR
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipescultoracunha/system/files/dossier%20familias%20CUVI%202015.pdf
GUÍA MEDIAMBIENTAL CUVI

viernes, 22 de abril de 2016

O MONTE VIVO

Estos días tivemos a sorte de que axentes forestais de Vigo nos viñeran a explicar como debemos coidar os nosos montes, como evitar incendios, como traballan eles, a importancia de ter ben coidados os montes, as árbores, a natureza,...

Educación vial en sexto de primaria

 
Esta semana  a clase de sexto tivo a visita da policia local para recordar as normas básicas de educación vial, seguridade, protección,.... Todas estas normas eran para poñelas en práctica no circuito do Castro, facendo uns de viandantes, ciclistas, policias, con sinais, semáforos, .... pero debido as condicións climatolóxicas non puidemos ir ao Castro.

miércoles, 16 de marzo de 2016

viernes, 11 de marzo de 2016

Traballando as mates

Traballando as mates on PhotoPeach

A MIÑA PELÍCULA FAVORITA

Os primeiros pasos para gravar unha película, e coñecer unha película. Para iso, fixemos un pequeno estudio a cerca da nosa película favorita, da película que máis nos gustou: cal é o seu título orixinal, a súa linguaxe orixinal, o director, productor, vestiario,...

A MIÑA PELÍCULA FAVORITA

Antes de comenzar a rodar a nosa película, imos investigar que necesitamos, tipos de planos que necesitamos, os vestiarios, os medios,... Polo tanto, comezamos analizando a película que máis nos gusta, a nosa película favorita, facendo a ficha técnica da mesma.

martes, 8 de marzo de 2016

Traballando coa poesía

Na semana da poesía estivemos xogando coas mesmas. Para iso collimos na biblioteca distintos libros de poemas, buscamos o poema que nos gustou máis e...... A xogar!!! Con eles podes facer acrósticos, adxetivación, unha ensalada de versos, versos encadenados, supostos, definicións,..... Os alumnos de 5º e 6º  de primaria decidimos facer caligramas cos poemas elexidos.


lunes, 29 de febrero de 2016

Riscos en Internet e Acoso Escolar

O alumnado do 3º ciclo de primaria e as familias dos alumnos do centro tiveron no colexio unhas charlas sobre os riscos das redes sociais e a mensaxeria instantánea. Nestas charlas aprendimos moitas cousas das redes sociais que tanto se utilizan , os seus riscos , o seu uso,.... así como tamén o gran dano que pode chegar a facer o whatsapp. Intentamos coas mesmas concienciar a toda a comunidade educativa e sobre todo ao alumnado da súa utilización e das consecuencias que poden ter. O alumnado tamén tivo unha charla relativa ao acoso escolar.
Estas charlas leváronse a cabo dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos pola Comisaría do CNP de Vigo.