martes, 1 de junio de 2021

Experimentando coas enerxías!

(En preparación o texto desta noticia a realizar por Daniel de 5º)
 
  


 

Educación pola Igualdade

O 21 de maio de 2021 viu ao noso colexio Elsa, unha educadora de igualdade. Viu darnos nosa quinta charla de igualdade dende infantil. Vimos como os homes podían facer todo o que quixeran pero había moitas desas cousas que as mulleres non podían facer. As cousas foron mellorando pero ainda quedan cousas por igualar.



 

Semana Escolar dos Camiños de Santiago

 O pasado día 13 de maio o investigador e profesor titular de Historia da Arte na USC, D. Miguel Taín Guzmán, fixo unha videoconferencia con nós para explicarnos moitas cousas sobre o camiño. Explicounos como diferenciar un peregrino real dun falso e moitas cousas sobre o libro que limos en clase, titulado: "Sucedeu no camiño primitivo". 




jueves, 29 de abril de 2021

Educación Viaria 2020-2021

O pasado mércores 23 de abril tivo lugar na clase de 5º e 6º de primaria, unha charla participativa sobre seguridade viaria moi necesaria, porque a proporción dos atropelos na poboación de entre 10 e 25 anos é maior que entre a poboación doutras idades, e é importante saber sobre a seguridade viaria para previr estes accidentes.

Viu a 5º e 6º Pablo Vila Campos, axente da sección de educación viaria da Policía Local de Vigo. Falamos e traballamos sobre a atención, a mirada, a regulación emocional e o autocontrol, esenciais nos cruces e nas rúas.                            (Entrada de Blog realizada por Andrés Vila Alonso)