sábado, 9 de mayo de 2020

Viaje a Andalucía

Agora que tamén debido ao coronavirus as viaxes van ter que facerse dunha maneira moi distinta ao que estabamos acostumados, Antía P.M. de 6º cóntanos o vivido e aprendido na súa viaxe a Andalucía xusto antes da pandemia: o Parque Nacional de Doñana, O Rocío, a cidade romana de Baelo Claudia, Punta Tarifa, Gibraltar, etc, e que ela vai amosarvos mentras volo comenta nesta bela e excelente montaxe audiovisual que preparou para todos nós. Non vola podedes perder!!


MAN ROBÓTICA!

Nestes momentos nos que temos que manter máis que nunca unha moi boa hixiene, sobre todo das mans, Aixa de 6º anímavos a construír unha man robótica sinxela pero moi efectiva para poder coller as cousas con tranquilidade e sen "medo" algún. Estivemos a repasar e traballar o aparato locomotor como parte da Función de Relación que temos os seres vivos e diso xurdiu a idea da ¡MAN ROBÓTICA!. Se premedes AQUÍ! veredes nun tutorial como facer a man paso a paso. Ánimo!

viernes, 1 de mayo de 2020

Informacións e anuncios de TV e radio.

Seguimos a estar confinados, pero xa algo menos, porque podemos saír pasear tódolos días un pouco fóra de casa. E tamén seguimos a ter clase virtual e facer cousas como esta que agora vos presentamos:
Unha noticia de TV e tamén uns anuncios creados por nós para o voso divertimento!