domingo, 29 de abril de 2018

Visitamos o Museo do Mar de Galicia


Hoxe visitamos de novo o Museo do Mar de Galicia para coñecer nesta ocasión a "Hª DA NAVEGACIÓN".
A mañá resultou moi proveitosa e o noso alumnado tivo a oportunidade de recibir información básica sobre a historia da navegación desde a antigüedade ata os nosos días mediante a observación de vestixios atopados no noso entorno, maquetas, reproducións e fotografías. Así mesmo as nenas e nenos remataron coa participación nun obradoiro moi interesante, no que tiveron que construír e aprender a usar un Cuadrante, ferramenta utilizada para medir ángulos en astronomìa e navegación.
Os astrónomos o usaban para medir a altura dos astros; os mariñeiros, sobre todo, para determinar a latitude á que se atopaban e para calcular a hora.

Visitamos a Residencia de Maiores Barreiro


Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro 2018 o pasado 23 de abril, programáramos hai tempo a visita do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a "Geriatros Vigo Barreiro", e tamén por participar na actividade de "Bibliotecas Solidarias". A mañá resultou moi proveitosa e as nenas e nenos contribuíron coa súa participación nesta actividade a que as nosas avoas e os nosos avós pasaran un rato entretido e agradable.
Contamos contos e recitamos poesías durante unha hora na sala de visitas da residencia para cerca de cen persoas, e despois fomos invitados antes de marchar a unha pequena merenda por parte da dirección do centro xeriátrico, o cal lle agradecemos.
Todos e todas saímos contentos e satisfeitos de participar nunha labor solidaria que é preciso fomentar




martes, 24 de abril de 2018

2º Obradoiro de Igualdade no 3º Ciclo


O pasado venres 20 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou no Centro un obradoiro de igualdade de xénero que nos ofreceu a <>, unha asociación sen ánimo de lucro para a atención, apoio e acompañamento ás mulleres e aos menores, no proceso de ruptura cos malos tratos, así como para traballar pola igualdade entre as persoas.

http://rededemulleres.blogspot.com.es/

miércoles, 18 de abril de 2018

Visita de 6º ao Parque Infantil de Tráfico (PIT)

O pasado mércores, 11 de abril, desprazámonos ao PIT do Castro para disfrutar da actividade programada de Educación Viaria impartida pola Policia Local.
O tempo acompañou despois de tantos días de choiva e as nenas e nenos de 6º disfrutaron moito da actividade que dirixiron dous monitores policiales de Vigo, formados e con experiencia de anos no desenvolvemento do programa educativo sobre seguridade viaria.
Foi a segunda parte do programa que tivo o seu inicio o pasado curso cunha clase teórico-práctica que impartiron no centro.

martes, 10 de abril de 2018

Obradoiro de PRIMEIROS AUXILIOS coa Asociación "ESCOLA CORAZÓN"

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a oportunidade de participar o pasado xoves día 5 abril, nun obradoiro de primeros auxilios de 90 minutos impartido por membros da asociación "Escola Corazón", formado por un equipo de catro profesionais do sector en materia de prevención-intervención e dirixidos pola doutora Elisa Ausín Rodríguez. En dito taller, nenos e nenas divididos en catro grupos coñeceron de primeira man os fundamentos da técnica de reanimación cardiopulmonar (RCP): identificación dos síntomas, intervencións básicas… E chegado o caso tamén mesmo a saber aplicar a maniobra de Heimlich. Tamén puideron durante a actividade realizar numerosas preguntas ao persoal encargado de impartir a actividade.

O noso agradecemento á Asociación “Escola Corazón”
pola súa importante labor de prevención e de educación en saúde, que de maneira altruista ven realizando dende hai uns anos nas escolas.


Escola Corazón - Publicaciones | Facebook