martes, 22 de febrero de 2011

VISITA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA FOLK E TRADICIONAL!!!

Hoxe recibimos a visita de catro divertidos músicos da Escola Municipal e-Trad. A través dunha fantástica historia aprendemos os nomes de catro instrumentos. Non so iso, cantamos cancións tradicionais e puidemos probalos.

Aqui vos deixamos un vídeo moi divertido dalgunhas das actuacións, pero se queredes ver as fotos só tendes que ir á galería da páxina web.

jueves, 17 de febrero de 2011

As nosas fotos no día da paz

Día da paz on PhotoPeach

Traballando con sons



Traballamos cun novo programa libre chamado Audacity para elaborar a canción que imos bailar no festival do entroido.                                       Xa sabemos que estades impacientes por escoitala pero.... é unha sorpresa máis para ese día!!!

martes, 8 de febrero de 2011

Que ben sabe a amizade!!!

Os nen@s de sexto curso de Educación Primaria elaboramos na materia de Educación para a Cidadanía unhas receitas riquísimas para facer amigos, esperamos que vos gusten!!!

Un saúdo