lunes, 21 de diciembre de 2020

QUE ESTE NOVO ANO A MAXIA DO NADAL ILUMINE MÁIS CA NUNCA.

Este ano non comezou como debería, para que mentir.

Comezamos con medo, incerteza e moitas dúbidas. Non pintaba ben e, coma sempre, tocounos traballar para darlle a volta á situación.

Xuntos/as acostumámonos a levar a máscara, botar xel, lavar as mans, xogar separados/as, ter as fiestras abertas, aguantar o frío, non ver as caras dos compañeiros/as... a tantas cousas.

Malia todo aprendemos que os ollos tamén teñen sorriso, que na distancia tamén podemos traballar xuntos/as, que as apertas e bicos, aínda que non se dean, séntense e sobre todo que como equipo somos fortes, valentes e responsables.

Agora, xa estamos mellor.

Merecemos un descanso.

Que este novo ano a maxia do Nadal ilumine máis ca nunca.

Volveremos máis fortes no 2021.

Pincha na imaxe, que aínda temos algo máis que dicir.


 


viernes, 18 de diciembre de 2020

Experimentando coas PLANTAS

 Se queres coñecer mellor o REINO das PLANTAS, mira estas experiencias levadas acabo polo alumnado de 5º no que poderás descubrir cousas moi interesantes do mundo que nos rodea.

Anímate a realizalas ti!!





 

Durante o 1º Trimestre fixemos en 5º unha serie de charlas sobre diversos temas que son do noso interés para poñer a proba a nosa capacidade oratoria. O resultado foi moi bo xa que temos unha experiencia acumulada nestes anos. Se clicades na imaxe veredes algúns momentos dos temas expostos por todos nós.

 



lunes, 20 de julio de 2020

PROMOCIÓN 2019-2020

Nesta orla vemos aos pequenos e pequenas que un día chegaron a 3 anos de infantil e que xa se fixeron maiores. A partir de agora comezarán unha nova etapa na que esperamos poñan en práctica todo aquilo que aprederon con nós no Carballal-Cabral, e que con tanto empeño e cariño todo o profesorado tentamos transmitirlles da mellor maneira durante todos estes anos.
Máis alá de ensinar contidos nas diferentes áreas, de realizar tarefas e deberes e tamén exámenes, cumplíamos co obxectivo primordial de formar persoas e de educalos como cidadáns nuns valores como o respeto, a tolerancia e a solidariedade.  Esperamos telo conseguido tanto como as súas familias, para facelos como dicían antes as nosas avoas e os nosos avós: «homes e mulleres de proveito».
A educación infantil e a primaria son un pilar esencial no noso sistema educativo, pero debemos salientar que é na FAMILIA, onde se sustenta todo o conseguido ata agora.
A médica e educadora italiana María Montessori, precursora do método educativo que leva o seu nome e usado en moitas escolas de todo o mundo xa o dixo: «A familia, os país e nais, son os primeiros mestres e mestras dos seus fillos e fillas. Son eles quenes mediante o exemplo, transmiten valores, ensinan comportamentos e intereses».  O papel desempeñado por elas é esencial e a súa implicación no proceso educativo é fundamental.
Remando xuntos na mesma dirección é como conseguimos entre todos e todas formar as persoas que todos e todas queremos que sexan os nosos nenos e nenas.
Pero isto non remata aquí, agora continúa na ESO e esperamos e desexamos que os resultados acadados sexan aínda mellores.
Esperamos volvernos ver en setembro nun sinxelo acto de graduación que quedou pendente!!

sábado, 9 de mayo de 2020

Viaje a Andalucía

Agora que tamén debido ao coronavirus as viaxes van ter que facerse dunha maneira moi distinta ao que estabamos acostumados, Antía P.M. de 6º cóntanos o vivido e aprendido na súa viaxe a Andalucía xusto antes da pandemia: o Parque Nacional de Doñana, O Rocío, a cidade romana de Baelo Claudia, Punta Tarifa, Gibraltar, etc, e que ela vai amosarvos mentras volo comenta nesta bela e excelente montaxe audiovisual que preparou para todos nós. Non vola podedes perder!!


MAN ROBÓTICA!

Nestes momentos nos que temos que manter máis que nunca unha moi boa hixiene, sobre todo das mans, Aixa de 6º anímavos a construír unha man robótica sinxela pero moi efectiva para poder coller as cousas con tranquilidade e sen "medo" algún. Estivemos a repasar e traballar o aparato locomotor como parte da Función de Relación que temos os seres vivos e diso xurdiu a idea da ¡MAN ROBÓTICA!. Se premedes AQUÍ! veredes nun tutorial como facer a man paso a paso. Ánimo!

viernes, 1 de mayo de 2020

Informacións e anuncios de TV e radio.

Seguimos a estar confinados, pero xa algo menos, porque podemos saír pasear tódolos días un pouco fóra de casa. E tamén seguimos a ter clase virtual e facer cousas como esta que agora vos presentamos:
Unha noticia de TV e tamén uns anuncios creados por nós para o voso divertimento!

 

domingo, 19 de abril de 2020

Joel e Aixa de 6º móstrannos os seus traballos de CN!!

En confinamento tamén adicamos tempo a facer experiencias diversas para compartir con todas e todos. Neste caso, como estabamos a traballar a función de nutrición das persoas, puxemos o reto de levar a cabo a construción dunha maqueta dos pulmóns para observar o seu funcionamento. Entre os realizados imos amosarvos os traballos realizados por Aixa e o titorial que Joel realizou para que vos animedes tamén vós a facer un como o deles, agora que temos tanto tempo.

domingo, 29 de marzo de 2020

«Días de cuarentena»

Esta es una de las redacciones escogida entre las que ha hecho el alumnado de 6º sólo unos días después de tener que estar confinados en casa, como todos los niños y niñas de España y de otros países del mundo, por estar a sufrir la pandemia del coronavirus COVID-19. Una situación nunca antes vivida en el mundo desde la mayor de la historia, que fue la llamada «la gripe española» en 1918.
https://drive.google.com/file/d/1hnrFw09eSsP4RouzJB-4SkhHq-xODZLB/view?usp=sharing

domingo, 15 de marzo de 2020

DIARIO DE CLASES EN LÍNEA 6º

HOLA FAMILIAS:
Los días lectivos que estaremos sin clase presencial procederemos de la siguiente manera:
1. Se colgarán en el blog del 3º Ciclo en un documento las actividades a realizar. También en Edixgal en el área "A nosa aula dixital" cuya clave xa sabe o alumnado e que vos pasei por ABALAR; así como en las otras áreas: LC-LG-Mat-CN-CS. Si alguna no pudiera llevarse a cabo tranquilidad, se intenta una 2ª o 3ª vez y si no se pasa a la siguiente. Ayudarles en lo posible y resolverles familias las dudas que podáis. Y si no que me pregunten en el CHAT que está en "A nosa aula dixital ou ben a través de mensaxes na aula Edixgal como teñen feito outras veces.
2. Estaré de 10 a 12 h en línea a través de los mensajes que pueden enviarme desde el mismo Edixgal o desde el área "A NOSA AULA DIXITAL" el que pueden abrir el Chat: "CONVERSA EN GRUPO EN DIRECTO PARA O ALUMNADO".
3. Especificaré cuando sea necesario si la actividad es en el cuaderno. Entonces que la realicen, eso sí, con buena presentación y caligrafía.
4. Habrá actividades CLIC y QUIZIZZ. Estas últimas serán dos cada día a lo largo de la mañana: de 10 a 10´15 y de 11 a 11´15. Puede que las deje más tiempo abiertas.
5. El horario durante estos días para la realización de tareas será el que veníamos siguiendo en el aula, por tanto, mañana lunes trabajaremos Lengua Castellana y Lengua Gallega. Y así sucesivamente. Es en estas áreas dónde primero trabajaremos y después a lo largo de la mañana lo que tengan pendiente terminar de las otras.
Seguiré manteniéndoos informados, y por favor, informad en lo posible a quienes no les vaya bien Abalar Móvil o también Internet.
Gracias pola vosa colaboración.

jueves, 27 de febrero de 2020

Día da Muller e a Nena na Ciencia. En galego facemos ciencia!


    O día 14 de febreiro, na Casa das Palabras, Museo VERBUM de Vigo, levamos a cabo o alumnado de 5º e 6º distintos obradoiros para conmemorar o «Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia» celebrado o pasado 11 de febreiro.
   O Concello de Vigo organizou, a través dos servizos municipais de Normalización Lingüística e Igualdad, un conxunto de actividades para a celebración do Día da Muller e a nena na ciencia dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1ºe 2º de Secundaria. Con este proxecto búscase acercar ás nenas ao campo científico e visibilizar a todo o alumnado as contribucions das mulleres científicas. Búscase tamén poñer en valor o galego como lingua científica, e que as alumnas e alumnos descubran que en galego tamén se fai ciencia.
   Desenvolvimos talleres de Ciencia en Galego onde o alumnado coñeceu a obra de científicas relevantes e levamos a cabo talleres prácticos relacionados coa actividade investigadora. 
  A actividade tivo a colaboración do Instituto Español de Oceanografía, do Instituto de Investigacions Mariñas (CSIC) e do profesorado de centros de ensinaza da cidade.
   A actividade foi moi proveitosa por resultar moi motivadora e dinámica e gustou moito ás nenas e nenos. O seu comportamento e actitude foi eloxiada ao rematar polos organizadores.  

domingo, 26 de enero de 2020

Desafío NATURNOVA

O pasado 14 de xaneiro 5º e 6º visitamos NATURNOVA, un centro interactivo de educación ambiental situado en Vigo, na rúa Velázquez Moreno. Alí tivemos unha nova oportunidade de coñecer curiosidades do universo, do noso planeta e o medio que nos rodea de forma lúdica, dinámica e participativa.