lunes, 13 de junio de 2016

VISITA SUSANA RODRÍGUEZ GACCIO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unha visita moi especial o pasado venres 10. Nin máis nin menos cunha deportista que vainos representar nos Xogos Paralímpicos de Rio no mes de setembro, varias veces Campiona do Mundo e de Europa, Diplomada en Fisioterapia e Licenciada en Medicina, pronto comezará a formarse na especialidade de Rehabilitación. Susana ten albinismo cunha visión dun 7% e 5% en cada ollo. Durante unha hora tivemos a sorte de tela a nosa disposición, explicándonos o que é o albinismo e as características do deporte que practica e respondendo a tódalas interesantísimas cuestións que plantexaron os nenos, aclarando dúbidas e chegando aos nenos co seu impresionante mensaxe de superación. Unha vez rematada a charla coloquio con Susana, as nenas e nenos de 6º fixeron unha práctica de duatlón dirixida por Lorena García Lago, licenciada en INEF, responsable das categorías inferiores da FEGATRI e da Escola Municipal de Triatlón e Duatlón de Vigo. Dende aqui agradecerlle enormemente a súa visita.

martes, 7 de junio de 2016

PROXECTO BUSCANDO O NORTE 5º DE PRIMARIA GALIÑEIRO

O pasado venres pola tarde acercámonos coas nosas familias o monte Galiñeiro para realizar unha actividade de orientación. Despois dunhas breves explicacións comezamos co percorrido Scoring, no que tíñamos 40 minutos para tentar atopar todas as balizas do mapa. Con máis ou menos tempo todos as atopamos, que era o interesante. Agora tocaba o percorrido clásico, no que saímos dun en un e tíñamos que atopar as balizas na orde que marcaba o plano. O rematar todos acercámonos os petróglifos da Auga da Laxe e a un muiño navicular preto destes, para explicarlle os nosos acompañantes de que época eran, a súa función e significado e como vivía o home naquela época.

BUSCANDO O NORTE 2016 6º DE PRIMARIA XORNADA NO CUVI

Dentro do proxecto Buscando o Norte 2016 o alumnado de 6º de primaria viviu unha xornada moi intensa. Xa pola mañá visitamos os laboratorios da Facultade de Industriais acompañados por Pio González onde poidemos facer algunha experiencia sinxela pero moi interesante coa física, a electricidade, o magnetismo ou a presión.

Seguidamente Marcos levounos por un dos itinerarios da OMA e descubrimos a biodiversidade que rodea o CUVI. 

Despois dun pequeno descanso para a merenda unha charla con Federico Mallo sobre a importancia da hidratación para o bo funcionamento de todo o noso corpo.

A doutora Julia Serra explicounos a súa laboura de investigación sobre os biomateriais e os éxitos acadados, agasallándonos cun dente de tabeirón.

Xuntos xantamos no comedor da Facultade de Minas, para despois esperar a chegada das nosas familias e realizar o percorrido de orientación con elas polo campus. Foi unha xornada completísima.