jueves, 30 de noviembre de 2017

Charla Plan Director: "Risgos de Internet"

A pasada semana tivemos a primeira das charlas do Plan Director dirixida ao noso alumnado e impartida pola policía nacional, sobre os risgos de internet e o acoso escolar.
Nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º asistiu á charla sobre “risgos de internet”. Aproveitamos para dalas gracias á policía pola súa asistencia e traballo de prevención cos nosos nenos e nenas.

 



martes, 14 de noviembre de 2017

Fomentando e traballando pola INTEGRACIÓN coa Asociación APAMP

No noso ideario educativo, e dentro do Plan Educativo do Centro, fomentamos e traballamos pola integración no noso alumnado e o deporte. Por este motivo o xoves 9 de novembro, desprazámonos ao Calvario co alumnado de 5º e 6º de Primaria para participar nunha actividade deportiva organizada pola Asociación APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral).
Diante do Mercado do Calvario, os monitores da Asociación e algúns dos seus integrantes, mostraron aos nenos e nenas como se desenvolven eles, persoas con discapacidade, na actividade deportiva, ensinándolles as súas capacidades nas modalidades paraolímpicas da Boccia, semellante á petanca ; e Slalom, percorrido en cadeiras de rodas nun circuíto con obstáculos.
                           

jueves, 9 de noviembre de 2017

Asistimos ao Teatro e a unha Exposición de Arte Galega

O camiño máis fácil non sempre é o que te axuda a saír do laberinto. Para saír sempre se necesita contar con algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son eses fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.
Nesta ocasión asistimos á representación da historia de Daniel, un neno que sabe que en casa non sobran os cartos, pero, ¿por que non pode ter un Iphone coma os seus amigos? ¿Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? ¿Ou ir a esquiar? A el gustaríalle deixar os estudios e traballar para poder comprar o que quixera.
Unha vez rematada a obra desprazámonos ata a Sede Afundación para ver unha exposición co título «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección». Unha exposición que reúne 78 pezas destacadas da Colección de Arte Afundación entre pintura, escultura e fotografía. Un percorrido pola evolución da arte galega desde o século XIX ata a actualidade a través dalguns dos nomes e as obras máis significativas da historia de Galicia. Declarada de Ben de Interés Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2015.
Os nenos e nenas introducíronse na arte cunha primeira actividade plástica e despois interactuaron coas obras da exposición para descifrar unha mensaxe secreta.