lunes, 5 de febrero de 2018

Visitamos AQUALIA

O pasado 30 de xaneiro, visitamos a empresa Aqualia de Vigo.
Aqualia é a empresa responsable da subministración de auga ás nosas vivendas en Vigo e a encargada da depuración das augas residuais. O seu centro de xestión está moi préto de nós, na rúa Cantabria, en Lavadores. O noso guía na visita púxonos primeiro un vídeo onde nos resumiu o proceso da auga dende que chega ata que sae para ser consumida nas casas. Vimos como traballan no laboratorio onde analizan a pureza da auga e falamos de cómo aforrar a auga, por exemplo, pechando a billa cando nos enxaboamos ao ducharnos ou cando fregamos os dentes ao lavar os dentes. A auga que chega a Vigo procede dos encoros Zamáns e en maior cantidade do Eiras. Este segundo está situado no municipio de Fornelos do Monte a 35 km, e no seu percorrido a auga remata nun túnel de 5 km de longo. A auga sae do tunel nas mesmas instalacións de Aqualia en forma de fervenza para que a auga se osixene e se depositen as primeiras areas que poida traer. Tamén é tratada con cloro para limpala das impurezas. Primeiro entra nunha grande roda que é o DECANTADOR. Aquí xa limpan un pouco a auga sacando os organismos ou suciedade que pode traer. Esta roda ten unha pa no fondo e arrastra a area e lamas para sacala da auga. Nesta zona puidemos ver outros tres FILTROS na superficie formados por area e a auga ao pasar a través dela vai deixando máis impurezas. Cando remata o tratamento entra nun grande DEPÓSITO de 132000 m3 onde queda almacenada a auga totalmente limpa para distribuila por toda a cidade. Pasamos logo a un pequeno museo onde gardan mostras de pedras cun número que corresponde ao lugar onde se encontraron cando fixeron o tunel de Eiras. Hai materiais que se utilizan cando se arranxan as avarías, máquinas do laboratorio... A visita resultounos moi proveitosa!!