sábado, 28 de diciembre de 2013

Feliz ano 2014!

Rematou o 1º Trimestre e no CEIP Plurilingüe Carballal - Cabral houbo festa rachada!
Celebramos o Festival de Nadal 2013 con moitas actuacións musicais, visitounos Papá Noel con agasallos para as aulas e fixemos unha merendola con produtos típicos destas datas.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos as fotos para facervos partícipes da nosa festa.



jueves, 19 de diciembre de 2013

GRACIAS POLA INFORMACIÓN!!!!!

GRACIAS aos concellos de O CEBREIRO, TRIACASTELA, SARRIA, SAMOS, PORTOMARÍN, PALAS DE REI, MELIDE, ARZÚA,O PEDROUZO, O PINO E SANTIAGO, por atendernos, colaborar e enviarnos a información para o noso proxecto.

Correo Intercentro

Outro ano máis comezamos o noso correo intercentro cos alumnos do CEIP Paraixal. Aquí tedes a mostra do que nos fixemos e envíamos e o que recibimos deles.

Visita ao Museo do Mar

Este martes fomos ao Museo de Mar onde nos ensinaron a arte da pesca tradicional. Ensináronnos diferentes tipos de embarcacións, as súas características, como se pescaba antigüamente e como se conservaba o peixe pescado. Logo convertímonos en auténticos pescadores e fomos a caza de cachalotes cun arṕon, pescamos peixe de baixura cunha rede e navegamos polo mar nunha barca. Por último visitamos o acuario da casa do mar, onde puidemos ver moitos peixes: sardiñas, tiburóns, raias, cabrachos,... ¿queres ver como lle dan de comer os tiburóns? podes visitar o acuario os venres as 11:30.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Educacion Vial

Esta semana tivemos unha actividade que nos refrescou os pensamentos sobre as normas de educación vial, así como tamén nos fixo reflexionar sobre algunhas accións que facemos diariamente: cruzar no paso de peóns, ter paciencia na carretera,... Para iso tivemos a presenza dunha polícia local que nos mostrou exemplos de moitas accións que habitualmente facemos mal e díxonos como as deberíamos facer. A gran conclusión a que chegamos todos é que sabemos facer as cousas, pero non as facemos. Entre todos debemos cambiar.

jueves, 5 de diciembre de 2013

As regueifas do Camiño de Santiago!!

Esta semana tivemos un obradoiro de regueifas con Caruncho e Tito. Eles ensináronnos a crear regueifas e nós fixemos as nosas sobre o Camiño de Santiago, do mesmo xeito que eles agasalláronnos coa súa gran aportación ao noso proxecto coa súa regueifa do Camiño. Aquí están as nosas regueifas!!!!

Mi película from 3º ciclo on Vimeo.

lunes, 25 de noviembre de 2013

miércoles, 20 de noviembre de 2013

O Camiño en Cómic.

Estámonos sumerxindo no Camiño, para iso o alumnado de quinto elaborou diferentes cómics sobre historias do mesmo.

As novas do Camiño de Santiago!!!

Aquí están as novas do Camiño de Santiago publicadas no xornal do Carballal, polos autores do 3º ciclo.

Xa están de camiño......

AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS XA COMENZARON A SÚA PEREGRINACIÓN POLAS DISTINTAS CASAS

jueves, 7 de noviembre de 2013

Búsqueda de información

Unha vez que xa temos o camino feito, comezamos coa nosa búsqueda de información. A información buscarémola a través de tres vías: en internet, chamaremos directamente os concellos ou oficinas de turismo para que nos aporten a información que poídan e facendo unha búsqueda material na casa. Estamos traballando na primeria e segunda vía da búsqueda de información.

Xa está feito o noso camiño.......

Xa acabamos ca primeria fase do proxecto. Consistía en crear o camiño que vamos a facer ata o seu final. Para iso decoramos o noso pasillo co peregrino, cas etapas que vamos a percorrer e a chegada a catedral. Aquí unha mostra do resultado.

jueves, 3 de octubre de 2013

EMPEZA O CAMIÑO

Comezamos a nosa etapa, o noso novo curso, do mesmo xeito que empezamos o noso novo proxecto de biblioteca. Este ano o noso proxecto será o Camiño de Santiago: o camiño Francés dende Galicia ata Santiago. Para iso, o primeiro paso será meternos no noso papel de peregrinos, ambientando os corredores cos nosos sombreiros, cos nosos mapas de etapa e convertíndonos en peregrinos, vendo como temos que ir vestidos. Aquí esta o resultado do noso primeiro traballo.



lunes, 23 de septiembre de 2013

VISITA DO CLUBe FLIC FLAC DE XIMNASIA ACROBÁTICA

O pasado venres visitáronnos Jorge e Almudena do Clube Flic Flac de Ximnasia Acrobática para mostrarnos unhas poucas da cantidade de cousas que podemos facer nesta actividade.

miércoles, 5 de junio de 2013

AS PRESENTACIÓNS DAS ACTIVIDADES EN "DESCUBRINDO O NORTE"

Aquí podemos ver as presentacións da actividade. Primeiro a xornada de mañá, a charla de nutrición, o roteiro, a visita os laboratorios e a charla de divulgación científica.
Aquí a comida e os xogos.
Por último a carreira de orientación coas familias.

lunes, 3 de junio de 2013

3º ciclo recoméndache............

00215 from 3º ciclo on Vimeo.
00216 from 3º ciclo on Vimeo.

00217 from 3º ciclo on Vimeo.

00214 from 3º ciclo on Vimeo.

00218 from 3º ciclo on Vimeo.

Proxecto da biblioteca

Memoria de autores

Proxecto da biblioteca

Ficha bibliográfica



Proxecto da biblioteca

Partes dos contos e elementos da comunicación. Partes dos contos e elementos da comunicación on PhotoPeach

Proxecto da biblioteca

Personaxes principais e secundarios.Cambio de papeis dos personaxes

Ampliando e recortando contos. En qué persoa está escrito o conto??

Proxecto de biblioteca

Anécdotas e Cómics nos contos.

Proxecto da biblioteca



O xornal dos contos.

Proxecto da biblioteca

Entrevistamos os personaxes dos contos e transformamos os contos a estilo directo e indirecto


Proxecto de biblioteca

Análise morfosintáctico nos contos

Proxecto biblioteca

Descripción de paisaxes dos contos, poemizamos os contos e empezamos a crear o noso propio conto. 




 

Proxecto biblioteca.

Caligramas nos contos, publicitamos o noso conto, dramatización de contos, conto viaxeiro e Teatro Negro

domingo, 2 de junio de 2013

martes, 28 de mayo de 2013

BUSCANDO O NORTE. XORNADA NO CUVI.

No seguinte documento temos información sobre os planos de Orientación, os seus cores e a súa simboloxía, o compás, as súas partes e como empregalo, e moi  importante!!!, como chegar o lugar de reunión pola tarde para as familias. Darlle un vistazo todos xuntos na casa!!!

lunes, 27 de mayo de 2013

Telling stories

The 6th grade children were telling clasical stories to all the  kids of our school.

-Ruth, Aine and David prepared the story of "Little Red Riding Hood" to tell to the little kids of infantil.



Sin título from Carballal on Vimeo.


-Nerea, Mario and Aida prepared the story of  "Hansel and Gretel" to tell to the kids of the 1st cycle.



Hansel and Gretel from 3º ciclo on Vimeo.


-Ricardo, Carmen and Antía prepared the story of "Sleeping Beauty" to tell it to the kids of the 2nd cycle.

miércoles, 22 de mayo de 2013

17 de Maio. Día das Letras Galegas

A  pasada semana celebramos o Festival das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Roberto Vidal Bolaño. Podedes aprender algo máis sobre o autor consultando estes enlaces:
Nós presentamos as actuacións do Festival e tamén fixemos a obra de Teatro Negro "Pedro e o Lobo", de Sergéi Prokófiev.
Deixámosvos aquí as fotos. Estade pendientes da páxina web porque proximamente colgaremos os vídeos do festival.


Interteatro: "Restaurante Farruco"

Os nosos compañeiros do CEIP A Doblada viñeron representar a súa obra "Restaurante Farruco" ao noso colexio, nunha xornada de convivencia con eles.

Teatro do Colexio A Doblada: Restaurante Farruco on PhotoPeach

Teatro Negro: Pedro e o Lobo

Este ano a representación do Teatro Negro foi do conto clásico de Pedro e o Lobo. Aquí unha mostra do noso traballo. Teatro Negro Pedro e o lobo on PhotoPeach

martes, 21 de mayo de 2013

DEPORTE DE ORIENTACIÓN

No seguinte enlace tedes un xogo no que podedes practicar os aspectos básicos do Deporte de Orientación.


Visita a Gadis

Hoxe fómonos de supermercado para coñecer mellor os alimentos e a información que nos aportan e que nunca nos fixamos nela. Visita a Gadis on PhotoPeach

Día das Letras Galegas: Roberto Vidal Bolaño

Coñecendo a Roberto Vidal Bolaño........

Traballando a Roberto Vidal Bodaño on PhotoPeach

lunes, 20 de mayo de 2013

Visita ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e ao CAT

O 8 de Maio de 2013 fixemos unha excursión ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e ao Centro de Artesanía Tradicional (CAT).

O Centro de Interpretación das Illas Atlánticas está na Rúa Oliva, no Casco Vello de Vigo. Alí achegámonos aos catro arquipélagos que conforman o parque (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) e aprendemos sobre os valores ambientais e etnográficos dos mesmos. Se queredes saber máis, premede neste enlace sobre o Museo e tamén neste sobre o Parque das Illas Atlánticas.

  
  

O Centro de Artesanía Tradicional acolle unha exposición de roupa elaborada mediante reciclaxe e estampación na súa planta alta e na planta baixa está dedicada ao oficio de cestería.
Aprendemos sobre os materiais que se utilizan (vimbios, madeira rachada...) e os obxectos que se elaboran (cestos, axóuxeres, nasas, patelas...).
Tamén fixemos unha práctica de cestería con vimbios, nun peixe decorativo.
Se queredes saber máis sobre o CAT, premede neste enlace.

jueves, 9 de mayo de 2013

O noso conto

Este ano estivemos traballando os contos clásicos na biblioteca: a súa estructura, os personaxes, as características, o formato,...

Aprendimos tanto que o resultado final foi........    O noso propio conto.


O noso conto on PhotoPeach

Promocionando o noso conto.

Cando elaboramos o noso conto, temos que promocionalo para que os nosos compañeiros queiran lelo, por iso elaboramos os cartes publicitarios dos mesmos.

Cartel publicitario on PhotoPeach

Enviamos o CORREO.........

Últimos meses de cole, e temos que facer o último correo para os nosos compañeiros do CEIP Paraixal.



correo intercentros on PhotoPeach

lunes, 29 de abril de 2013

A Reconquista de Vigo!!

O alumnado do terceiro ciclo fíxemos unha saída ao Verbum a ver unha exposición da Reconquista de Vigo. Alí explicáronnos en que consistiu a mesma, as personaxes máis destacadas dese acontecemento,  como era o Vigo daquela época, e algúns obxectos desa época.

A RECONQUISTA on PhotoPeach

viernes, 19 de abril de 2013

Autor de Pedro e o Lobo

Hoxe buscamos información do autor do noso conto Pedro e o Lobo, e logo escollemos  a máis importante para plasmala nun mural.

Pedro e o lobo on PhotoPeach

miércoles, 17 de abril de 2013

Contando ovellas!!

Mostra do traballo realizado por terceiro ciclo sobre o libro que lemos, "A contar ovellas".

Contando ovellas on PhotoPeach

martes, 16 de abril de 2013

Somos contacontos!!!

Convertímonos en auténticos contacontos e iso leva moito traballo, anque parezca que non....
Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que fixemos e do resultado final.


2º parte  on PhotoPeach


1º Parte.... on PhotoPeach

Adiviña a personaxe do conto???

Hoxe fixemos unha actividade moi divertida na biblioteca, tivemos que adiviñar a personaxe do conto clásico que gesticulaban os nosos compañeiros. Logo fixemos un revoltixo de títulos de contos para rematar coa creación oral dun conto.

Adiviñando contos on PhotoPeach

CREANDO ENGRANAXES

Despois de saber o que son os engranaxes, como funcionan,... atrevímonos a crear os nosos propios.

Creando engranaxes on PhotoPeach

lunes, 8 de abril de 2013

Xa da comezo o "Torneo de Badminton" do 3º Ciclo no CEIP Carballal-Cabral.
Aquí tedes un resumo das normas e un taboeiro cos resultados que iremos actualizando.
Lembrade ver o Calendario na porta da aula de 6º.
Sorte eeee pasádeo ben!!!!