miércoles, 22 de diciembre de 2010

jueves, 18 de noviembre de 2010

Contos viaxeiros

Alberto e Álex xa nos trouxeron as súas aportacións ao conto viaxeiro. A verdade é que empregaron materiais moi chulos e continuaron moi ben a historia.
O seguinte é Israel que seguro nos deixará coa boca aberta.

Novo espectáculo no IFEVI en Vigo!!!!

Non vos perdades este espectáculo, a profe Marta xa colleu entradas para o domingo. A qué esperades? Se poden coller no Corte Inglés ou en internet no seguinte link

lunes, 15 de noviembre de 2010

ASI É INTERNET!!

Atentos todos!! no blog da biblioteca temos un vídeo o cal nos axudar a empregar correctamente internet e saber que é o que podemos e non podemos facer. Polo que xa sabedes, ir o blog da biblioteca e ¡¡¡moi atentos ó velo!!!!

Se queredes aqui tedes un atallo para chegar o blog da biblioteca: pinchando nesta imaxe.


miércoles, 20 de octubre de 2010

5º na pizarra dixital


A prensa na escola

Os luns solemos traballar a prensa na escola coa compañía do repartidor Antón. Estudamos as partes dunha noticia: título, antetítulo e subtítulo, entrada, entradilla, ladillo, destacados, gráficos e fotos, seccións, firma e data. Inventámonos unhas noticias atendendo a estas partes.




lunes, 18 de octubre de 2010

Teatro Negro

Xa estamos preparando o Teatro Negro deste ano: tazas de té voadoras, un sombreiro xigante...
vos facedes unha idea de qué pode tratar?


viernes, 15 de octubre de 2010

Andrea coñece Paris


   

Ao chegar a PARÍS fumos ao hotel L'Elysée Val d'Europe  a deixar a equipaxe.Chegamos a hora de comer,despois fumos ao parque Disney Land París. Pola tarde, fumos a moitísimas atraccións. Ao chegar a noite iamos marchar cando de súpeto oimos dicir a alguén que esa noite ía ser Halloween.
Pagamos unha entrada especial e puxéronnos unha pulseira. Case todas as atraccións abertas eran de terror, por exemplo, a casa do terror, piratas do Caribe, etc.
O sábado como sabiamos que ía haber moita xente no parque fomos visitar Paris. Collimos o autobus turístico e vimos sitios como a ópera, a igrexa de Notredame.
Tamén visitamos a famosa Torre Eiffel, subimos ata o último piso e a miña nai tivo un pouco de vértigo.  As vistas eran impresionantes.
O domingo fomos outra vez ao parque Disney Land, seguía decorado como antes pero non había néboa. Montamos nas atraccións que nos faltaban.
O luns fomos ao parque Disney Land estudos onde había moitas atraccións diferentes, como por exemplo a caída libre, unhas pelis animadas. Nas plazas estaba o creador de Mickey Mouse.
O martes finalizou a nosa visita a Disney Land estudos. Collimos o autobus para ir ao aeroporto e nos atopamos cunha folga e tivemos que pasar a noito noutro hotel.
Ao día seguinte salimos ás 6:00 da mañá ao aeroporto de volta a Vigo

Andrea G ,  Adri, Xian     

miércoles, 6 de octubre de 2010

Aprendendo coa policía local

O mércores 6 de outubro os rapaces de 5ºcurso aprenderon xogando coa policía local as normas de tráfico, sinais, etc.

lunes, 4 de octubre de 2010

Comeza a aventura!!!

Andrea xa nos trouxo a primeira páxina do Conto Viaxeiro. Empregou diversos materiais como papel de seda, area, etc. Quedou chulísimo!!!

viernes, 1 de octubre de 2010

Comezamos un novo curso

Comezamos un novo curso cheo de actividades enriquecedoras.
Raquel levaranos á cidade perdida da Atlántida co conto viaxeiro e Anxo disfrutará en familia dunha mochila chea de sorpresas.