domingo, 19 de abril de 2020

Joel e Aixa de 6º móstrannos os seus traballos de CN!!

En confinamento tamén adicamos tempo a facer experiencias diversas para compartir con todas e todos. Neste caso, como estabamos a traballar a función de nutrición das persoas, puxemos o reto de levar a cabo a construción dunha maqueta dos pulmóns para observar o seu funcionamento. Entre os realizados imos amosarvos os traballos realizados por Aixa e o titorial que Joel realizou para que vos animedes tamén vós a facer un como o deles, agora que temos tanto tempo.