lunes, 29 de abril de 2013

A Reconquista de Vigo!!

O alumnado do terceiro ciclo fíxemos unha saída ao Verbum a ver unha exposición da Reconquista de Vigo. Alí explicáronnos en que consistiu a mesma, as personaxes máis destacadas dese acontecemento,  como era o Vigo daquela época, e algúns obxectos desa época.

A RECONQUISTA on PhotoPeach

viernes, 19 de abril de 2013

Autor de Pedro e o Lobo

Hoxe buscamos información do autor do noso conto Pedro e o Lobo, e logo escollemos  a máis importante para plasmala nun mural.

Pedro e o lobo on PhotoPeach

miércoles, 17 de abril de 2013

Contando ovellas!!

Mostra do traballo realizado por terceiro ciclo sobre o libro que lemos, "A contar ovellas".

Contando ovellas on PhotoPeach

martes, 16 de abril de 2013

Somos contacontos!!!

Convertímonos en auténticos contacontos e iso leva moito traballo, anque parezca que non....
Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que fixemos e do resultado final.


2º parte  on PhotoPeach


1º Parte.... on PhotoPeach

Adiviña a personaxe do conto???

Hoxe fixemos unha actividade moi divertida na biblioteca, tivemos que adiviñar a personaxe do conto clásico que gesticulaban os nosos compañeiros. Logo fixemos un revoltixo de títulos de contos para rematar coa creación oral dun conto.

Adiviñando contos on PhotoPeach

CREANDO ENGRANAXES

Despois de saber o que son os engranaxes, como funcionan,... atrevímonos a crear os nosos propios.

Creando engranaxes on PhotoPeach

lunes, 8 de abril de 2013

Xa da comezo o "Torneo de Badminton" do 3º Ciclo no CEIP Carballal-Cabral.
Aquí tedes un resumo das normas e un taboeiro cos resultados que iremos actualizando.
Lembrade ver o Calendario na porta da aula de 6º.
Sorte eeee pasádeo ben!!!!