jueves, 8 de diciembre de 2016

Concurso de recitado poético en galego - 5º

Hai unhas semanas, cando celebramos o Samaín na escola, o alumnado de 5º levamos a cabo na aula unha actividade de recitado en galego por grupos. A poesía leva por título: "O Samaín".
Grabamos a actuación de cada un e o resultado podedes velo nos seguintes vínculos para que podades votar o que creades que o recita mellor. Toda persoa que pertenza á familia e visione os vídeos poderá participar co seu voto.
                                                                               Animádevos e participade!!
Quen reciba máis votos será o gañador dun premio a sortear entre eles.
As votacións pecharanse o martes día 20.
Podedes facer chegar o voto a través de Abalar-móbil, nun papeliño pechado a través do voso fillo ou filla ou por correo electrónico ao meu enderezo da Xunta (o voso fillo/a o ten anotado na axenda).
ACTUACIÓN EQUIPO 2
ACTUACIÓN EQUIPO 2

Un saúdo  e grazas pola vosa participación. 

Clicade nas imaxes para visionar as actuacións:

ACTUACIÓN EQUIPO 1

martes, 6 de diciembre de 2016

CHARLA para a prevención do Acoso Escolar nas Aulas-PLAN DIRECTOR 2016/2017



O pasado martes día 29 de novembro, na aula de 6º, tivo lugar unha segunda charla xa anunciada con anterioridade neste mesmo blogue co título: Prevención do Acoso Escolar nas aulas, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal estamos a participar.
Na anterior ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos asociados ao uso por parte dos menores das novas tecnoloxías e das redes sociais. 
O "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", foi posta en marcha pola Secretaría de Estado de Seguridad no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entre o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Na charla informóuselles ás nenas e nenos da maneira de actuar ante un posible acoso na escola ou no instituto, así como das consecuencias por manterse ao marxe e ser espectador desa situación, ou o que sería peor, das consecuencias penais derivadas de chegar a ser un o acosador.