sábado, 29 de diciembre de 2018

Visita á Residencia de Maiores de Barreiro

O pasado 20 de decembro, trasladámonos o alumnado de 5º e 6º de Primaria á Residencia de Maiores DomusVi de Barreiro, para levar a cabo unha actividade enmarcada no Proxecto de Bibliotecas Solidarias.
Na gran vestíbulo da residencia e para cerca de cen persoas, 5º interpretaou unha peza musical tradicional preparada en clase de música titulada "Nadal de Luintra", popularizada polo grupo galego Berrogüeto e recitaron poesía; despois 6º bailou unha peza e cantou para finalizar unha regueifa.
A visita resultou moi satisfactoria e proveitosa para as nenas e nenos, que contribuiron coa súa actuación musical, a que os nosos maiores pasaran un rato entretido e agradable nestas datas tan especiais. 
Agradecer ao centro "DomusVi" a súa atención durante a nosa estancia.

VIII Edición do Plan Navega con Rumbo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Inxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) organiza este curso escolar a oitava edición do plan "Navega con Rumbo", enmarcado dentro deo proxecto Abalar.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e das redes sociais, dando recomendacions para unha navegación responsable e segura.
Un especialista do CPEIG viu ao centro educativo o xoves 20 de decembro para impartir unha sesion divulgativa cunha duración aproximada de hora e media. Ademáis serán apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.edu.xunta.es/navegaconrumbo. Ademáis, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e enlaces de interés sobre a temática do programa. As sesiones están dirixidas preferentemente ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO.

 

sábado, 15 de diciembre de 2018

Charla Plan Director 2018: O ACOSO ESCOLAR

Como en anteriores cursos, e na procura da maior calidade e mellor formación educativa do noso alumnado, participamos un ano máis no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos que leva a cabo o Corpo Nacional de Policía.

Durante unha hora e media as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria seguiron con moita atención e interés a información que unha axente da Policía Nacional da Xefatura de Vigo lles deu sobre todas aquelas cuestións relacionadas co Acoso Escolar: como identificar o acoso, consellos para evitalo, como axudar a quen o sofre, etc.

Durante a charla tamén puideron plantexar todas as súas dúbidas.


viernes, 7 de diciembre de 2018

Taller de Arte Urbana no Carballal!

O día 30 de novembro levouse a cabo na Sala de Informática do centro, un taller sobre arte urbana ofrecido polo Concello de Vigo, para dar a coñecer ao noso alumnado este tipo de expresión artística urbana, e que agora ten a súa máxima expresión no muro exterior de entrada ao centro, co mural realizado polo artista Pedro Sardiña
Todos os nenos e nenas recibiron formación sobre os materiais, ferramentas e maquinaria empregados para a realización deste tipo de murais, así como das técnicas utilizadas e a elección do tema sobre o que traballar.

Teatro no Concello: "Os catro monos"

O xoves 29 de novembro, asistimos no auditorio do Concello de Vigo, á obra de teatro: "Os catro monos", de estrea coa campaña "Impórtanos".
De novo a compañía A Tropa de Trapo axúdanos a reflexionar sobre o mundo que nos rodea e sobre a nosa pegada na construción das alternativas. 
Unha nova ocasión para que tanto os docentes coma o alumnado aprendamos algo máis e mellor sobre a cooperación e a solidariedade.



Visita da escritora galega LEDICIA COSTAS

O pasado día 27 de novembro recibimos a visita tan esperada e desexada da escritora galega Ledicia Costas. O Equipo de Biblioteca e a editorial ANAYA posibilitou unha vez máis que estivera con nós para falarnos do seu traballo e repostar ás preguntas do alumnado de 5º e 6º de Primaria. Ao rematar, e como recordo do seu paso polo colexio, Ledicia firmou aos nenos os seus libros e tamén os que temos dela na Biblioteca: "Escarlatina: a cociñeira defunta" e "A señorita Bubble".