domingo, 17 de junio de 2018

5º e 6º visitan METEOGALICIA


O pasado día 12 de xuño desprazámonos a Santiago xunto aos nosos compañeiros de 3º para levar a cabo a visita as instalacións de METEOGALICIA.
Trala nosa chegada e despois de ser recibidos polo persoal do Centro, asistimos todos ao lanzamento dunha radiosondaxe desde o exterior das instalaciones. Alex Castro de 6º foi o escollido para soltala radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado actual da atmosfera na nosa comunidade.
A continuación fomos todos á sala de control de Meteogalicia onde se analizan os datos que van chegando ao servizo e se establecen as prediccións según certos modelos informáticos. Alí tamén é onde se atenden as chamadas dos cidadáns que solicitan información do tempo, así como tamén as dos medios de comunicación.
Rematada esta 1ª charla informativa fomos divididos en dous grupos: 3º de Primaria por un lado e 5º-6º por outro, para recibir separadamente e a distinto nivel, información relativa a tódolos aparellos que utilizan os meteorólogos para facer as súas prediccións, así como tamén información sobre todo o relativo ás nubes e a algún dos fenómenos atmosféricos que teñen lugar por enriba das nosas cabezas.
    
Accede a METEOESCOLAS
















domingo, 3 de junio de 2018

Charla de Seguridade fronte ao lume e visita ao Parque Central de Bombeiros de Vigo

O pasado mércores, día 23 de maio, dous bombeiros do Parque de Bombeiros de Vigo ofreceron unha charla dirixida ao alumnado de 6º de Primaria, consistente en darlles a coñecer os sistemas de protección contra incendios e saber actuar en caso de emerxencia ante un accidente con lume, dentro do Programa Educativo Municipal de Seguridade que foi posto en marcha hai pouco tempo.

Con posterioridade, o pasado venres 1 de xuño visitamos coas nenas e nenos de 5º e 6º as instalación do Parque Central de Bombeiros da nosa cidade, onde  puideron coñecer de primeira man as súas dependencias, o seu material e equipos, así como o día a día no traballo dun bombeiro e a súa labor na protección da cidadanía, e que non se limita só á actuación fronte ao lume.