lunes, 29 de febrero de 2016

Riscos en Internet e Acoso Escolar

O alumnado do 3º ciclo de primaria e as familias dos alumnos do centro tiveron no colexio unhas charlas sobre os riscos das redes sociais e a mensaxeria instantánea. Nestas charlas aprendimos moitas cousas das redes sociais que tanto se utilizan , os seus riscos , o seu uso,.... así como tamén o gran dano que pode chegar a facer o whatsapp. Intentamos coas mesmas concienciar a toda a comunidade educativa e sobre todo ao alumnado da súa utilización e das consecuencias que poden ter. O alumnado tamén tivo unha charla relativa ao acoso escolar.
Estas charlas leváronse a cabo dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos pola Comisaría do CNP de Vigo.

"Os sabores de Roma" SALINAE

A semana pasada retrocedemos no tempo e chegamos ata a época dos Romanos no centro SALINAE en Vigo. Neste centro ensinarónnos como vivían os romanos, pero sobre todo como comían: as grandes utilidades do sal, do aceite, útiles cusiosos.... Ao final vimos a fermosa salina que se descubríu e como se obtía o sal e probamos comida romana, algunha rica e outra non tan sabrosa.

CSIC "Coidado cos alimentos e hixiene" con Diego e a súa nai

En colaboración con CSIC, a nai de Diego de sexto e Diego mostráronnos a importancia da conservación dos alimentos así como a importancia dunha boa hixiene nas mans. Todo isto a través dunha presentación e charla rematando a mesma cunha serie de experimentos  nos que poidemos observar a distintas reaccións e evolución dos mesmos.