O xoves 8 de outubro sumerxímonos nun submarino para coñecer as distintas especies que habitan na nosa ría. Ao mesmo tempo tamén fixemos unha viaxe espacial polos nosos planetas, as distintas galaxias e o universo.
Para aprender as montañas, cumios, mesetas, depresións, vales,... de España fixemos un mapa con plastilina o cal lle puxemos os relevos cun sacadentes e o seu nome. Sacando e poñendo o sacadentes no mapa aprenderemos o mapa físico de España.
Xa sabemos como están formados os seres vivos, por iso con plastilina fixemos uns seres vivos diferentes para adiviñar as células que son e as súas partes.
Adiviñade!!