jueves, 13 de abril de 2017

5º e 6º visitan o XVIII SALÓN DO LIBRO de Pontevedra

O pasado día 30 de marzo, visitamos en compañía dos peques de Infantil e 3º e 4º de Primaria o "XVIII Salón do Libro de Pontevedra". Fomos primeiro en autobús ata a nova estación de Vigo-Urzaiz e alí collimos un tren para Pontevedra. Chegamos en tan só 15 minutos!! Pero como tivéramos que esperar un bo rato en Vigo, mentras aproveitáramos para merendar e así poderlle dar tempo ao autobús a chegar á estación de Pontevedra e recollernos alí para trasladarnos ao Pazo da Cultura de Pontevedra. 
Neste vídeo poderedes ver como transcurriu esta xornada.



XVIII Salón do Libro de Pontevedra - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 28 de marzo de 2017

SEGUINDO AS PEGADAS DOS NOSOS ANTEPASADOS 
Dentro da nosa Programación Xeral, o alumnado visitou nesta ocasión o Museo de Pontevedra para realizar unha actividade dentro do seu programa de visitas escolares.
Consistiu nun percorrido polas salas adicadas á etapa máis antiga da Historia: a PREHISTORIA - Idade de Pedra (Paleolítico e Neolítico) e Idade dos Metais.
Rematamos a actividade na salaadicada aos vestixios da época romana.
Traballaron cunha ficha didáctica, o que permitiu que tomaran contacto e coñeceran, a partir dos restos arqueolóxicos alí expostos, algún dos aspectos máis relevantes do noso pasado: as ferramentas líticas máis antigas de Galicia, importantes pezas de ourivería, petroglifos, obxectos de uso doméstico, ou monumentos epigráficos romanos, entre outros.
No seguinte vídeo poderedes ver en imaxes como se desenvolveu a actividade.

viernes, 17 de marzo de 2017

Doce e Verde

Seguimos traballando nas nosas cociñas lectoras, e esta vez tocounos flan de chocolate e ratatouille. Exquisito todo e as receitas e os chefs estupendos.

martes, 7 de marzo de 2017

Rosalia polo centro

Parece que polo centro pasou e a súa pegada deixou a nosa autora Rosalía de Castro. Entre todos decoramos as súas verbas e un gran poema entre todos no centro creamos.

miércoles, 22 de febrero de 2017

Aparello respiratorio

Grazas a nosa nutrición o noso corpo medra, corre, fala, móvese,.... pero para obter os nutrientes necesarios dos alimentos é necesario que faga o proceso de dixestión dos mesmos. Nese proceso interveñen os distintos aparellos: dixestivo, respiratorio, circulatorio, excretor. Agora que estamos co aparello respiratorio intentamos plasmar o mesmo e os seus órganos na seguinte actividade.

martes, 21 de febrero de 2017

Seguimos cos libros na cociña

Ainda non sacamos os libros da cociña, e seguimos perfeccionando o noso curso de lectura e cociña á vez. Esta vez tocou a degustación de Pizza Romana ao xeito de Román e Cookies de chocolate tamaño XXL.

martes, 7 de febrero de 2017

As nosas exquisiteces

Os novos chef xa cociñaron e nos xa tivemos a ocasión de degustar as suas exquisitices. De esta vez tocou Brownie e Boliños de pan branco con mestura de iogur.