viernes, 19 de mayo de 2017

Por fin...... Ledicia Costas

Hoxe tivemos a sorte de que nos viñera a visitar a nosa grandiosa CHEF deste curso.... LEDICIA COSTAS. Con ela estivemos cociñando todo o curso e hoxe tivemos a sorte de que nos ensinara os seus ingredientes para facer o fermoso libro que estivemos a traballar "Escarlatina, a cociñeira defunta" .

Ledicia Costas on PhotoPeach

O circo dos Trucos

Actuación estelar do Circo dos Trucos.....

miércoles, 10 de mayo de 2017

Última Degustación

Rematamos as nosas receitas estupefactas, os nosos chef xa teñen todos unha gran estrela "Carballal". Aquí a mostra das últimas degustacións.

jueves, 13 de abril de 2017

5º e 6º visitan o XVIII SALÓN DO LIBRO de Pontevedra

O pasado día 30 de marzo, visitamos en compañía dos peques de Infantil e 3º e 4º de Primaria o "XVIII Salón do Libro de Pontevedra". Fomos primeiro en autobús ata a nova estación de Vigo-Urzaiz e alí collimos un tren para Pontevedra. Chegamos en tan só 15 minutos!! Pero como tivéramos que esperar un bo rato en Vigo, mentras aproveitáramos para merendar e así poderlle dar tempo ao autobús a chegar á estación de Pontevedra e recollernos alí para trasladarnos ao Pazo da Cultura de Pontevedra. 
Neste vídeo poderedes ver como transcurriu esta xornada.



XVIII Salón do Libro de Pontevedra - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 28 de marzo de 2017

SEGUINDO AS PEGADAS DOS NOSOS ANTEPASADOS 
Dentro da nosa Programación Xeral, o alumnado visitou nesta ocasión o Museo de Pontevedra para realizar unha actividade dentro do seu programa de visitas escolares.
Consistiu nun percorrido polas salas adicadas á etapa máis antiga da Historia: a PREHISTORIA - Idade de Pedra (Paleolítico e Neolítico) e Idade dos Metais.
Rematamos a actividade na salaadicada aos vestixios da época romana.
Traballaron cunha ficha didáctica, o que permitiu que tomaran contacto e coñeceran, a partir dos restos arqueolóxicos alí expostos, algún dos aspectos máis relevantes do noso pasado: as ferramentas líticas máis antigas de Galicia, importantes pezas de ourivería, petroglifos, obxectos de uso doméstico, ou monumentos epigráficos romanos, entre outros.
No seguinte vídeo poderedes ver en imaxes como se desenvolveu a actividade.

viernes, 17 de marzo de 2017

Doce e Verde

Seguimos traballando nas nosas cociñas lectoras, e esta vez tocounos flan de chocolate e ratatouille. Exquisito todo e as receitas e os chefs estupendos.

martes, 7 de marzo de 2017

Rosalia polo centro

Parece que polo centro pasou e a súa pegada deixou a nosa autora Rosalía de Castro. Entre todos decoramos as súas verbas e un gran poema entre todos no centro creamos.