O pasado venres 20 de abril, o
alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou no Centro un obradoiro de igualdade de
xénero que nos ofreceu a <>, unha asociación sen ánimo de lucro para a atención, apoio e
acompañamento ás mulleres e aos menores, no proceso de ruptura cos malos
tratos, así como para traballar pola igualdade entre as persoas.
martes, 24 de abril de 2018
miércoles, 18 de abril de 2018
Visita de 6º ao Parque Infantil de Tráfico (PIT)
O pasado mércores, 11 de abril, desprazámonos ao PIT do Castro para disfrutar da actividade programada de
Educación Viaria impartida pola Policia Local.
O tempo acompañou despois de tantos días de choiva e as nenas e nenos de 6º disfrutaron moito da actividade que dirixiron dous monitores policiales de Vigo, formados e con experiencia de anos no desenvolvemento do programa educativo sobre seguridade viaria.
Foi a segunda parte do programa que tivo o seu inicio o pasado curso cunha clase teórico-práctica que impartiron no centro.
martes, 10 de abril de 2018
Obradoiro de PRIMEIROS AUXILIOS coa Asociación "ESCOLA CORAZÓN"
O alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a oportunidade de participar o pasado xoves día 5 abril, nun obradoiro de primeros auxilios de 90 minutos impartido por membros da asociación "Escola Corazón", formado por un equipo de catro profesionais do sector en materia de prevención-intervención e dirixidos pola doutora Elisa Ausín Rodríguez. En dito taller, nenos e nenas divididos en catro grupos coñeceron de primeira man os fundamentos da técnica de reanimación cardiopulmonar (RCP): identificación dos síntomas, intervencións básicas… E chegado o caso tamén mesmo a saber aplicar a maniobra de Heimlich. Tamén puideron durante a actividade realizar numerosas preguntas ao persoal encargado de impartir a actividade.
O noso agradecemento á Asociación “Escola Corazón”
pola súa importante labor de prevención e de educación en saúde, que de maneira altruista ven realizando dende hai uns anos nas escolas.
pola súa importante labor de prevención e de educación en saúde, que de maneira altruista ven realizando dende hai uns anos nas escolas.
Escola Corazón - Publicaciones | Facebook
lunes, 5 de febrero de 2018
Visitamos AQUALIA
O pasado 30 de xaneiro, visitamos a empresa Aqualia de Vigo.
Aqualia é a empresa responsable da subministración de auga ás nosas vivendas en Vigo e a encargada da depuración das augas residuais. O seu centro de xestión está moi préto de nós, na rúa Cantabria, en Lavadores.
O noso guía na visita púxonos primeiro un vídeo onde nos resumiu o proceso da auga dende que chega ata que sae para ser consumida nas casas. Vimos como traballan no laboratorio onde analizan a pureza da auga e falamos de cómo aforrar a auga, por exemplo, pechando a billa cando nos enxaboamos ao ducharnos ou cando fregamos os dentes ao lavar os dentes.
A auga que chega a Vigo procede dos encoros Zamáns e en maior cantidade do Eiras. Este segundo está situado no municipio de Fornelos do Monte a 35 km, e no seu percorrido a auga remata nun túnel de 5 km de longo.
A auga sae do tunel nas mesmas instalacións de Aqualia en forma de fervenza para que a auga se osixene e se depositen as primeiras areas que poida traer. Tamén é tratada con cloro para limpala das impurezas.
Primeiro entra nunha grande roda que é o DECANTADOR. Aquí xa limpan un pouco a auga sacando os organismos ou suciedade que pode traer. Esta roda ten unha pa no fondo e arrastra a area e lamas para sacala da auga.
Nesta zona puidemos ver outros tres FILTROS na superficie formados por area e a auga ao pasar a través dela vai deixando máis impurezas.
Cando remata o tratamento entra nun grande DEPÓSITO de 132000 m3 onde queda almacenada a auga totalmente limpa para distribuila por toda a cidade.
Pasamos logo a un pequeno museo onde gardan mostras de pedras cun número que corresponde ao lugar onde se encontraron cando fixeron o tunel de Eiras. Hai materiais que se utilizan cando se arranxan as avarías, máquinas do laboratorio...
A visita resultounos moi proveitosa!!
sábado, 20 de enero de 2018
ENTROIDO (2ªParte)
Para as ÁS é mellor proceder tal como amosan as fotos de abaixo
(Pasos 1, 2 e 3): superpoñendo ás filas de plumas dabaixo para arriba.
LEMBRAR alternar as cores que vaiades utilizar nas plumas en todo o disfrace (3 diferentes mínimo), tanto por diante como por detrás, como podedes apreciar na foto.
viernes, 19 de enero de 2018
miércoles, 17 de enero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








