viernes, 25 de octubre de 2019

Exposición Oral: «MUNCYT»

O xoves 24 de outubro Joel Lago Corzón de 6º de primaria, levou a cabo unha nova exposición oral dirixida aos seus compañeiros e comapañeiras, dun traballo que preparou sobre o MUNCYT: «Museo Nacional de Ciencia y Tecnología». Inaugurado en mayo de 2012, o MUNCYT ten outra sede na Comunidade de Madrid e conta con máis de 15000 instrumentos científicos que datan desde o século XVI ata os nosos días.
Aproveitando que o anterior venres se desprazou coa súa familia ata a Coruña, visitou este museo por primeira vez para tomar boa nota do que alí puido ver e tamén tomou imaxes. De todo ilo informounos en detalle na súa exposición, que resultou moi interesante e entretida, e que expuso de maneira notable. Moi ben Joel!


Charla: «O BOSQUE É VIDA»

O pasado martes día 28 de outubro, tivo lugar no centro por segundo curso consecutivo, unha charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria baixo o título: «O BOSQUE É VIDA». 
Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo promover entre os máis xóvenes a importancia dos bosques desde as perspectivas medioambientais, económica e social, difundir o peso deste sector en Galicia e divulgar o respecto e a educación en materia medioambiental.

  
A charla foi dada por dous axentes forestais da Xunta de Galicia.


Aquí tedes en imaxe tres momentos da mesma.

Exposición Oral: «A SERRA DO XISTRAL»

Comezamos este curso unha serie de exposicións orais a cargo do alumnado de 6º no que presentarán na aula aos seus compañeiros e compañeiras contidos da súa propia elección con distinta temática. 
A primeira exposición correu a cargo de Antía Pedrosa Mariño, e tivo como título:
«A Serra do Xistral».
Aproveitando que Antía estivo uns días cos seus pais na Serra do Xistral, preparou para todos nós unha presentación power point, na que puidemos coñecer de primeira man esta fermosa serra galega e tamén amosou o que alí se atopou. Foi moi interesante e a todos gustou. Antía demostrou ser unha boa oradora, comunicou moi ben e deu mostras de saber moi ben do que estaba a falar, polo que tivo unha valoración de sobresaínte por parte de todas e todos. Noraboa!

jueves, 30 de mayo de 2019

VISITA DE GONZALO MOURE.

     Os nenos/as de sexto de primaria tivemos a inmensa sorte de que viñese á BiblioCarbi Gonzalo Moure, autor do libro "Palabras de Caramelo". Nesta visita falamos de Kori, de Caramelo, dos refuxiadxs, da morte e da vida  que,  tal e como nos dixo Gonzalo, hai que escribila.


domingo, 26 de mayo de 2019

Entrevistamos a MANUEL CARRERA NOGUEIRA

O pasado 10 de maio puidemos falar con Manuel Carrera Nogueira, antiguo alumno do Carballal nos anos 70 e que chegaría a ser doble campeón de España xuvenil en 1500 e 3000 m.
Formou parte dun grupo de atletas nados no 1967 que obterían grandes exitos para o fondo galego e español.
Contounos as súas vivenzas e percorrido na súa faceta deportiva e exitos obtidos e os seus anos de estudos no Carballal. Tamén compartiu con nós algunha que outra anecdota e respondeu as preguntas que os nenos e nenas de 5º lle fixeron para saber máis da súa vida.

domingo, 5 de mayo de 2019

Visita a Santiago de Compostela

O pasado 5 de abril realizamos unha visita cultural programada a Santiago de Compostela, para realizar unha visita didáctica ao Museo do Pobo Galego e á Catedral de Santiago.
No Museo do Pobo realizamos dúas actividades autónomas, usando materiais subministrados polo propio museo: "Os tesouros de D. Antonio" e "Remuíño de pistas".
A primeira foi unha actividade dirixida ao alumnado de 5º, destinada a coñecer a vida e obra de Antonio Fraguas, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e primeiro director do Museo a través dun xogo distendido de descubrimento; a segunda actividade destinada ao alumnado de 6º, que consistiu nun percorrido lúdico pola colección do Museo para poder descubrilo cunha dinámica de xogo de pistas.
A continuación, trasladámonos á Catedral de Santiago andando nun curto percorrido polo casco vello da cidade. Puidemos entón disfrutar dunha visita guiada ao recén restaurado Pórtico da Gloria, obra do xenial Mestre Mateo, considerada unha das obras cumbre da arte universal.
As nenas e nenos de 5º e 6º mostraron unha atención e comportamento sobresaíntes, destacados ao final pola guía da visita. Finalizar dicindo que a valoración da xornada foi moi positiva.