No ano 2021 celebraremos un novo XACOBEO. Para este curso a Comisión Organizadora do Xacobeo-21 vén de programar a SEMANA ESCOLAR DO CAMIÑO DE SANTIAGO, dirixida aos cursos de 5º e 6º de Primaria, do 25 ao 29 de novembro. Nós participamos co obxectivo como dí o programa «de aprender aspectos importantes relacionados co Camiño Francés de Santiago dun xeito entretido, lendo e tomando como base unha aventura creada con esta finalidade». A investigación que realiza a Ecopanda (protagonistas da historia), para descubrir uns roubos de pezas románicas, foi a perfecta escusa para traballar en equipo percorrendo o Camiño Francés de Santiago dun xeito diferente, utilizando a guía que acompaña á historia de ficción.
viernes, 20 de diciembre de 2019
miércoles, 18 de diciembre de 2019
Coñecendo a flora e a fauna da nosa contorna
A comezos de decembro levamos a cabo unha saída pola contorna do colexio para observar e coñecer mellor a flora e a fauna que nos rodea.
Para este curso precisamente o tema do proxecto da Biblioteca escollido ten por título «Flora coñece a CARBI». É por isto que nos centraremos a partir do segundo trimestre neste especial aspecto da natureza e será fío condutor dalgunha das nosas actividades ao longo do curso.
Estamos a comezar tanto en 5º como en 6º o tema das plantas polo que, unha saída neste momento, para coñecer o estado da natureza ao noso arredor é necesario e moi oportuno. Así tamén contrastaremos o estado da mesma cos cambios que se van producir cando chegue a primavera.
Para esta actividade contamos coa colaboración dun pai e unha nai: Manuel e Amalia, que como biólogos que son, foron uns guías estupendos para todo o alumnado. O noso agradecemento.
lunes, 9 de diciembre de 2019
Charla PLAN DIRECTOR: Violencia de Xénero
O día 25 de novembro, día no que se conmemora anualmente o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, tivo lugar unha charla no centro dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria a cargo dunha policía nacional. O obxectivo dentro do programa educativo «PLAN DIRECTOR», é proporcionarlles ás nenas e nenos información xeral sobre este problema grave que afecta a nosa sociedade, e na que elas e eles van ter un papel determinante para tentar conseguir a súa erradicación o antes posible.
![]() |
| Facer «Clic» na imaxe para ver máis. |
domingo, 8 de diciembre de 2019
Exposición Oral: «O Teixugo»
Unha vez máis
este curso puidemos disfrutar cunha nova exposición oral en 6º que prepararon nesta ocasión Antía Pedrosa Mariño e Candela Otero Álvarez. Aproveitando que estabamos a tratar en Ciencias Naturais o tema dos animais, faláronnos dun fermoso habitante dos bosques da nosa contorna e que puidemos coñecer mellor: o teixugo.
Grazas a elas puidemos ver en primicia imaxes que na nosa paisaxe tan transformada de Vigo pensabamos que serían cousa do pasado.
A súa intervención resultou sobresaínte e moi interesante para todos e todas.
Grazas a elas puidemos ver en primicia imaxes que na nosa paisaxe tan transformada de Vigo pensabamos que serían cousa do pasado.
domingo, 17 de noviembre de 2019
Programa de Educación Viaria para 6º de Primaria
O pasado
xoves día 14 recibimos a visita de Pili, Policía Local de Vigo pertencente ao Departamento de Educación Vial, para dar unha charla
de Educación Viaria ao alumnado de 6º de Primaria.
Estaba previsto, como outros
anos, que 6º se trasladara ao PIT (Parque Infantil de Tráfico) do Castro para
realizar prácticas como peóns e como condutores, pero dadas ás malas condicións
metereolóxicas reinantes tivo que suspenderse e non puidemos disfrutar desa
actividade.
Este programa lévase a cabo nos colexios do municipio co obxecto de formar na seguridade viaria e na prevención de accidentes.

Para máis información
accedede a este artigo
dun diario da nosa cidade ➤Pulsa AQUÍ
Tamén na páxina web do Concello de Vigo, no departamento de ➤EDUCACIÓN VIARIA.
domingo, 10 de noviembre de 2019
VISITAMOS O NOSO CONCELLO
O pasado xoves día 7 de novembro, visitamos o noso Concello. É unha visita que con regularidade facemos o alumnado de 5º e 6º para coñecer de primeira man o funcionamento das nosas institucións e, en particular, o funcionamento do goberno local e dalgúns dos servicios que presta aos cidadáns.
Como veredes nas imaxes da montaxe audiovisual, comezamos sendo recibidos polo persoal do Concello que guía a visita e que foron dándonos información de todo que fomos vendo: o salón de plenos a sala de prensa da alcaldía, a escola de danza, o laboratorio municipal e a sala de control de tráfico da nosa cidade.
No salón de plenos recibimos a visita do noso alcalde Abel Caballero, que se dirixiu a nós falándonos da importancia do lugar no que estabamos e animouinos a seguir estudando moito para poder chegar a cumprir os nosos sonos. Tamén nos dixo que a pista de futbol, cuberta recentemente, sería mellorada para que a poidamos disfrutar moito máis no futuro.
No salón de plenos recibimos a visita do noso alcalde Abel Caballero, que se dirixiu a nós falándonos da importancia do lugar no que estabamos e animouinos a seguir estudando moito para poder chegar a cumprir os nosos sonos. Tamén nos dixo que a pista de futbol, cuberta recentemente, sería mellorada para que a poidamos disfrutar moito máis no futuro.
viernes, 1 de noviembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




