jueves, 8 de diciembre de 2016

Concurso de recitado poético en galego - 5º

Hai unhas semanas, cando celebramos o Samaín na escola, o alumnado de 5º levamos a cabo na aula unha actividade de recitado en galego por grupos. A poesía leva por título: "O Samaín".
Grabamos a actuación de cada un e o resultado podedes velo nos seguintes vínculos para que podades votar o que creades que o recita mellor. Toda persoa que pertenza á familia e visione os vídeos poderá participar co seu voto.
                                                                               Animádevos e participade!!
Quen reciba máis votos será o gañador dun premio a sortear entre eles.
As votacións pecharanse o martes día 20.
Podedes facer chegar o voto a través de Abalar-móbil, nun papeliño pechado a través do voso fillo ou filla ou por correo electrónico ao meu enderezo da Xunta (o voso fillo/a o ten anotado na axenda).
ACTUACIÓN EQUIPO 2
ACTUACIÓN EQUIPO 2

Un saúdo  e grazas pola vosa participación. 

Clicade nas imaxes para visionar as actuacións:

ACTUACIÓN EQUIPO 1

martes, 6 de diciembre de 2016

CHARLA para a prevención do Acoso Escolar nas Aulas-PLAN DIRECTOR 2016/2017



O pasado martes día 29 de novembro, na aula de 6º, tivo lugar unha segunda charla xa anunciada con anterioridade neste mesmo blogue co título: Prevención do Acoso Escolar nas aulas, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal estamos a participar.
Na anterior ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos asociados ao uso por parte dos menores das novas tecnoloxías e das redes sociais. 
O "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", foi posta en marcha pola Secretaría de Estado de Seguridad no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entre o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Na charla informóuselles ás nenas e nenos da maneira de actuar ante un posible acoso na escola ou no instituto, así como das consecuencias por manterse ao marxe e ser espectador desa situación, ou o que sería peor, das consecuencias penais derivadas de chegar a ser un o acosador.

 




domingo, 27 de noviembre de 2016

 PROGRAMA FORMATIVO EDUCACIÓN VIARIA - 2016/2017
5º de Primaria

O pasado venres, día 18 de novembro, participamos co alumnado de 5º na campaña de Educación Viaria 2016/2017, organizada pola Xefatura da Policía Local de Vigo.
O seu obxectivo é a de promover e favorecer un cambio de actitudes que axuden a cruzar a rúa de xeito seguro, e así diminuír a gravidade das lesións e o número de vítimas nos sinistros de tráfico que se están a dar na nosa cidade todos os anos.
O atropelo é o accidente máis grave da nosa cidade. Por este motivo, este ano céntrase na toma de conciencia e a actitude que como peóns debemos ter todas e todos na rúa.
Visitáronnos dous monitores policiales da nosa cidade, que deron unha charla aos nenose nenas. Desenvolveron unhas sinxelas actividades encamiñadas a tomar conciencia tanto dos elementos a ter en conta cando un se despraza pola rúa como da importancia de seguir unha serie de normas para desplazarse con menos riscos polas vías e adquirir unha maior e mellor autonomía persoal, e xerar así menos incertidumbre nas súas familias á hora de permitirlles desplazarse a eles sós.
Esta tarea deber ser continuada e reforzada no contexto familiar co voso exemplo, para conseguir que os menores acaden plenamente as capacidades necesarias para ser usuarios responsables das vías.





lunes, 21 de noviembre de 2016

Visitamos o Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia

 É un Parque Nacional que comprende os arquipélagos das illas galegas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Ten unha extensión de 1.194,8 ha terrestres e 7.285,2 ha de superficie marítima. Foi creado no ano 2002.

O pasado día 15 de novembro, dentro da Programación Xeral do presente curso escolar, visitantes o centro CAMBÖN. Enclavado no casco vello de Vigo, xunto á Concatedral Santa María e lonxe das illas, é un Centro de Visitantes concebido como un espacio evocador do Parque Nacional que esperte a curiosidade sobre os valores culturais e naturais deste espacio protexido. Os contidos da exposición céntranse en aportar información non só dos seres vivos do parque, se non en transmitir artísticamente a beleza da natureza.
O alumnado participou na visita dunha serie de actividades divididas en tres bloques co obxectivo de:
- Adquirir información básica do parque e coñecer a ubicación das illas.
- Obter un coñecemento básico da fauna e flora que forman o conxunto das illas.
- Saber sobre as xentes que habitaron e habitan as illas, e a súa cultura.
- Tomar conciencia da importancia da protección da natureza e, en especial, dos espacios protexidos como o Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

viernes, 11 de noviembre de 2016

CHARLA Preventiva de riscos polo uso das novas tecnoloxías-PLAN DIRECTOR 2016/2017

A pasada semana tivo lugar na aula de 6º una charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal participamos un curso máis. A Secretaría de Estado de Seguridad puso en marcha o "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entRe o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Nesta primeira ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos de seguridade asociados ao uso das novas tecnoloxías e das redes sociais. 
*Dentro do mesmo programa do PLAN DIRECTOR, anunciamos que o martes 28 deste mesmo mes, o alumnado de 5º e 6º asistirá a unha segunda charla que abordará o Acoso Escolar nas aulas.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Samain-Halloween

Así nos preparamos antes da chegada do SAMAIN - HALLOWEEN: fixemos un taller de maquillaxe e unha terrorífica merendola. Listos para o festexo e coa enerxía collida, xa podemos todos xuntos festexar este misterioso día.